Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: para_unha_crítica_do_españolismo

Camilo Nogueira: «Son escasos os ensaios que liguen a circunstancia galega co que pasa no mundo»

O suplemento Culturas de La Voz de Galicia publicou unha entrevista con Camilo Nogueira centrada nos seus libros Para unha crítica do españolismo, A terra cantada, e A memoria da nación, entre outros. A entrevista pode lerse ou descargarse eb pdf neste enlace.

Presentación en Oleiros de “Para unha crítica do españolismo” de Camilo Nogueira

O xoves, 7 de novembro, ás 20:00 horas, na Biblioteca de Santa Cruz de Oleiros, Camilo Nogueira impartirá unha conferencia arredor do seu libro Para unha crítica do españolismo. Estados e nacións.

Presentación en Marín de “Para unha crítica do españolismo” de Camilo Nogueira

O venres, 11 de outubro, ás 20:30 horas, na Biblioteca Municipal de Marín, terá lugar a presentación do libro Para unha crítica do españolismo de Camilo Nogueira (membro do Consello Nacional do BNG). No acto, organizado polo BNG en colaboración con Xerais, participarán Celso Milleiro e Camilo Nogueira.

Unha reflexión sobre o nacionalismo e Galicia. Artigo de Miguel Vázquez Freire a partir do libro «Para unha crítica do españolismo», de Camilo Nogueira

A revista Tempos Novos publicou un longo artigo de Miguel Vázquez Freire titulado «O declinar do mundo» (Unha reflexión sobre o nacionalismo e Galicia) a partir do libro Para unha crítica do españolismo de Camilo Nogueira.   O artigo pode lerse completo en pdf neste enlace.

Artigo de Suso de Toro sobre «Para unha crítica do españolismo» de Camilo Nogueira en Protexta

Protexta publicou un longo artigo literario de Suso de Toro sobre o libro Para unha crítica do españolismo de Camilo Nogueira. O escritor Suso de Toro aborda nun longo artigo o significado dos dous últimos ensaios de Camilo Nogueira, entre os que se atopa Para unha crítica do españolismo, publicado na colección Ensaio de Xerais.   Ler ou descargar o artigo de Suso de Toro en pdf.

Camilo Nogueira: «Moita xente non acepta as falsas verdades de España». Entrevista de Xan Carballa

O xornalista Xan Carballa publicou, na web de Valentín Paz Andrade, dentro da serie «Conversas no ronsel» unha entrevista con Camilo Nogueira na que fala do seu libro Para unha crítica do españolismo. Reproducimos a parte referida a esa cuestión.   (…) Un dos libros que editou este ano é Para unha crítica do españolismo (Xerais, 2012).

Camilo Nogueira: «A historia oficial de España está fundamentantada na negación de Galicia como reino independente. Reportaxe arredor de «Para unha crítica do españolismo»

Montse Dopico publicou  no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha reportaxe sobre o libro Para unha crítica do españolismo de Camilo Nogueira.   Identidades plurais Alternativas arredor da idea de España Combater a ideoloxía de “España como nación única” e restaurar o lugar na historia da Galicia medieval foi o obxectivo de Camilo Nogueira ao publicar, no 2001, o seu libro A memoria da nación.

Presentación en Compostela de «Para unha crítica do españolismo» de Camilo Nogueira

Galicia Confidencial publica unha información sobre a presentación, esta tarde, do libro Para unha crítica do españolismo de Camilo Nogueira, na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela, organizado pola Asociación Cultural O Galo.     Nogueira presenta «Para unha crítica do españolismo» O ex-eurodeputado estará acompañado por Néstor Rego, líder da UPG e presidente da agrupación cultural o Galo.

Camilo Nogueira: «A Constitución española acabará recoñecendo o carácter plurinacional do Estado, porque agora nega a propia realidade de España». Presentación de «Para unha crítica do españolismo»

O Diario de Ferrol informa da presentación nesa cidade do libro Para unha crítica do españolismo de Camilo Nogueira.     Camilo Nogueira presentou o ensaio «Para unha crítica do españolismo»   0 exdeputado europeo polo BNG Camilo Nogueira falou onte no salón de actos da Escola de Idiomas de Ferrol do seu último libro, “Para unha crítica do españolismo” (Edicións Xerais).

A construción ideolóxica dun concepto político: a Nación española: «Para unha crítica do españolismo», de Camilo Nogueira. Crítica de Alfredo Iglesias

Alfredo Iglesias Diéguez publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre o libro Para unha crítica do españolismo de Camilo Nogueira.

Desmontando falsas verdades: «Para unha crítica do españolismo», de Camilo Nogueira. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica de  Para unha crítica do españolismo de Camilo Nogueira. Galeguismo contra españolismo Unha obra política feita por un histórico da política como Camilo Nogueira é a proposta de Manuel Rodríguez.

Presentación de “Para unha crítica do españolismo” na Feira do Libro da Coruña

O luns, 6 de agosto, ás 20:00 horas na Feira do Libro da Coruña presentarase o libro de Camilo Nogueira Para unha crítica do españolismo. Acompañará ao autor o editor Manuel Bragado.