Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: paula_gómez_del_valle

Os Premios Xerais 2018, nos medios e na Rede

                O sábado 20 de outubro, no Museo do Mar de Galicia en Vigo, tivo lugar a festa de entrega dos Premios Xerais 2018. Á cita asistiron preto de duascentas persoas, entre as que se atopaban representantes das asociacións profesionais do sector do libro, escritoras, libreiras, bibliotecarias, profesoras e editoras.

Presentación en Vigo de “Luns” de Eli Ríos

O xoves 21 de decembro ás 20:00 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125,  Vigo, terá lugar a presentación do libro Luns de Eli Ríos, Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega, 2016. No acto participarán Paula Gómez del Valle, David Cortizo e Eli Ríos.

Presentación en Lugo de “Luns” de Eli Ríos

O venres, 17 de novembro de 2017, ás 20:00 horas, na libraría Gato Neghro, rúa San Roque, 32, Lugo, terá lugar a presentación do libro Luns de Eli Ríos, Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega 2016, convocado pola Deputación da Coruña. No acto acompañarán á autora Paula Gómez del Valle, fotógrafa e Beatriz Dourado, asesora de formación do profesorado.

«A esencia da cidade», un relato de María Reimóndez para a descarga libre no Día Internacional contra a Violencia Machista

A esencia da cidade é un relato de María Reimóndez editado para a súa descarga libre, con licenza Creative Commons, no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller coa intención de que o texto que se ofrece e a experiencia que narra axude, en palabras da autora, «a reflexionar, a comprender e a cambiar. Porque a vida de moitas nenas, mozas e mulleres depende diso cada día».

Premios Xerais 2011, a fotogalería de Paula Gómez del Valle

Magnífica fotogalería de Paula Gomez del Valle (só para usuarios de Fb). Aquí a  versión en vímeo con música do Leo. Untitled from Paula Gómez del Valle on Vimeo.

Premios Xerais 2011, fotogalerías

Foto de Paz Raña. Na rede comezan a publicarse diversas fotogalerías dos Premios Xerais 2011. A todos os seus autores e autoras, a nosa gratitude. Gracia Santorum. Paz Raña: «A fermosa canción da auga en galego» (usuarios de Fb). Asociación Galega de Editores. Manuel González Vicente.

Premios Xerais 2010 por Paula Gómez del Valle

Premios Xerais ’10 from Paula Gómez del Valle on Vimeo. Grazas, moitas grazas, Paula. Este é un traballo moi fermoso.