Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: paula_mayor

Un libro que combina a ciencia ficción e a fantasía cun lirismo moi marcado: «Conta nove estrelas», de Andrea Maceiras. Crítica de Montse Pena Presas no Diario Cultural

Montse Pena Presas interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para falar sobre o libro: Conta nove estrelas, de Andrea Maceiras, ilustrado por Paula Mayor. O libro gañou o Premio Lazarillo 2018, e está publicado por Xerais na colección Merlín. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «Conta nove estrelas», de Andrea Maceiras. Unha incrible aventura na que a nena Quepi desobedecerá o mandato dos vixilantes para protexer un bobó tan especial coma ela

Conta nove estrelas, de Andrea Maceiras, ilustrado por Paula Mayor, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. O libro gañou o Premio Lazarillo 2018. Uns pequenos e peludos animais ameazan a Galaxia Oma. Desde o Observatorio Interestelar, os Vixilantes ordenan o exterminio de toda a especie, xa que os bobós, malia o seu adorable aspecto, son seres salvaxes e perigosos.