Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: peaxes

Santiago Lopo: «O meu obxectivo é sorprender e interesar aos meus lectores e lectoras». Entrevista de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou na sección «Parlamento das letras» do seu blog Criticalia unha entrevista con Santiago Lopo.     Parlamento das Letras Santiago Lopo Ese profundar na necesaria parcialidade do que nos é revelado, no insuficiente e inconexo coñecemento da nosa existencia e circunstancia teno levado a defrontar o mundo internetiano e as súas implicaturas fóra das landas de bytes en textos como Game over.

«Peaxes», de Santiago Lopo, pechou onte a tempada do club de lectura Sete Vidas, de Espazo Lectura

A novela Peaxes, de Santiago Lopo, pechou onte a última sesión desta tempada do club de lectura Sete Vidas, de Espazo Lectura, en Gondomar. O acto, que contou coa presenza do autor, desenvolveuse a partir das 20,00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar. Peaxes da conta ollada sobre os demais que lanza o cobrador da peaxe dunha autoestrada.

Concerto de «Peaxes» en Vigo, sábado 17 de abril en «La Pecera»

O sábado 17 de abril ás 22.30 h. no pub «La Pecera» de Vigo, os grupos RemolcaMadriña e Doctor Harapos realizarán un concerto no que tocarán algunhas das cancións que aparecen en Peaxes, a novela de Santiago Lopo. A entrada é libre. Ao final do concerto, o autor asinará libros. Tamén se poderán adquirir exemplares in situ grazas á colaboración da libraría Versus.

«Peaxes» recomendada por Trafegando ronseis

«Peaxes» recomendada por Trafegando ronseis

Trafegando ronseis publica unha anotación recomendando a lectura de Peaxes, a novela de Santiago Lopo.

“Peaxes”, crítica en Lg3

“Peaxes”, crítica en Lg3

Lorena Domínguez Mallo publica en Lg3 unha crítica de Peaxes, a novela de Santiago Lopo.

“Peaxes”, crítica en “Culturas”

“Peaxes”, crítica en “Culturas”

Ramón Nicolás publicou o pasado sábado, 9 de maio, no suplemento “Culturas” de La Voz de Galicia unha crítica de Peaxes, a novela de Santiago Lopo.

Entrevista a Santiago Lopo en «Faro de Vigo»

Entrevista a Santiago Lopo en «Faro de Vigo»

Faro de Vigo publica hoxe unha entrevista a Santiago Lopo realizada con motivo da presentación de Peaxes en Vigo esta semana. Lopo define a súa obra como «unha novela cun estilo áxil e con moito ritmo. A acción é fundamental e a relación coas persoas levará a un final apoteósico. Funciona moi ben co público de calquera idade.

«Peaxes», crítica en «Faro da Cultura»

«Peaxes», crítica en «Faro da Cultura»

Armando Requeixo publica hoxe en «Faro da Cultura» unha crítica sobre Peaxes, a novela de Santiago Lopo. Requeixo salienta que esta novela curta «pode ser unha moi agaradable inmersión de lectura na realidade plural e non sospeitada de xentes do común». [Premer sobre a imaxe para ler a crítica con maior comodidade.

«Peaxes», presentación en Vigo

«Peaxes», presentación en Vigo

Mañá, mércores, 29 de abril, ás 20:00 horas, na libraría Librouro de Vigo, terá lugar a presentación do libro Peaxes de Santiago Lopo.

A música de «Peaxes»

A música de «Peaxes»

O crítico Xosé Manuel Eyré tivo a paciencia de elaborar unha relación completa dos temas musicais que aparecen na novela Peaxes de Santiago Lopo. «Police and de thieves»…….Junior Murvin/Lee Perry «Just a visitor»………………..Fellow Travellers «Wat a wonderful world»……Louis Armstrong «Ave María»…………………..

«Peaxes», Santiago Lopo

«Peaxes», Santiago Lopo

Santiago Lopo debuta no catálogo de Xerais Narrativa con Peaxes, unha novela breve protagonizada por un caixeiro de peaxe da autoestrada. Peaxes chegará ás librarías a vindeira semana. Desde a súa ventá ao mundo, un caixeiro de peaxe da autoestrada bota unha ollada ás fraccións de vidas que se cruzan con el acotío. Esas instantáneas compoñen unha colaxe que lle axuda a fuxir da soidade.

Xerais, novidades de marzo

Xerais, novidades de marzo

No vindeiro mes de marzo Xerais publicara unha ducia de novidades. No eido da edición literaria, na colección Xerais Narrativa aparecerán a novela Peaxes de Santiago Lopo e o libro de relatos Para seguir bailando de Francisco X. Fenrández Naval. En Xerais Crónica publicaranse as Conversas con Celso Emilio Ferreiro preparadas por Ramón Nicolás Rodríguez. Na serie Letras Galegas a novela de Daniel Ameixeiro Ramón Piñeiro.