Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: pedro_feijoo

Unha trama de suspense que deixa ao lector sen alento: «Un lume azul», de Pedro Feijóo. Anotación no xornal El Progreso

O xornal El Progreso publicou unha anotación sobre o libro: Un lume azul, de Pedro Feijóo, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«Un lume azul», de Pedro Feijóo; e «Formigas nos pés», de Nazaret López, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de decembro

Un lume azul, de Pedro Feijóo; e Formigas nos pés, de Nazaret López, figuran entre os libros recomendados polos críticos na Tabela dos Libros do mes de decembro de 2019.

«Un lume azul», de Pedro Feijóo, recomendación de lectura da Libraría Couceiro

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en CorreoTV, animaron á lectura do libro: Un lume azul, de Pedro Feijóo, publicado por Xerais na colección Narrativa. A recomendación pode verse nesta ligazón.

Pedro Feijóo: «Para construír esta historia cheguei a ver cousas que oxalá non chegase a ter visto». Entrevista no xornal Faro de Vigo sobre: «Un lume azul»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista asinada por Mar Mato ao escritor Pedro Feijóo sobre o libro: Un lume azul, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Pedro Feijoo: «`Un lume azul´ é unha novela violenta, agresiva, a máis dura de todas as que levo escrito». Entrevista en Radio Vigo sobre: «Un lume azul»

A emisora Radio Vigo, de Ser Galicia, emitiu unha entrevista co escritor Pedro Feijoo para falar sobre o libro: Un lume azul, publicado por Xerais na colección Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Presentación en Lugo de “Un lume azul” de Pedro Feijoo

O venres 13 de decembro de 2019 ás 20:00 horas, na librería Lectocosmos, Praza Anxo Fernández Gómez 3, Lugo, terá lugar a presentación da novela Un lume azul de Pedro Feijoo. No acto, organizado dentro do ciclo Tarde de Libros nos #30anosnobelcela, participarán Javier Pintor, Pedro Feijoo e presentará Cecilia F. Santomé.

Presentación en Pontevedra de “Un lume azul” de Pedro Feijoo

O xoves 12 de decembro de 2019, ás 19:30 horas, na librería Cronopios, Frei Juan de Navarrete 5, Pontevedra, terá lugar a presentación da novela Un lume azul de Pedro Feijoo. No acto a xornalista Susana Pedreira entrevistará a Pedro Feijoo.

Presentación en Santiago de “Un lume azul” de Pedro Feijoo

O martes 10 de decembro de 2019 ás 19:30 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes 6, Santiago, terá lugar a presentación da novela Un lume azul de Pedro Feijoo. No acto participarán Diego Ameixeiras e Pedro Feijoo.

Pedro Feijóo: «Esta novela trata sobre os límites, sobre ata onde somos capaces de chegar para acadar o que desexamos». Entrevista en «Cíes Podcast» sobre: «Un lume azul»

Cíes Podcast emitiu unha entrevista co escritor Pedro Feijóo sobre o libro: Un lume azul, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 17″.

Presentación en Ourense de “Un lume azul” de Pedro Feijoo

O luns 9 de decembro de 2019, ás 19:30 horas, na librería Espacio Lector Nobel “Internacional”, rúa Concordia 8, Ourense, terá lugar a presentación da novela Un lume azul de Pedro Feijoo. No acto participarán Fran Alonso e Pedro Feijoo.

Presentación en Bueu de “Un lume azul” de Pedro Feijoo

O xoves 5 de decembro de 2019 ás 20:30 horas, na Biblioteca Gonzalo Torrente Ballester de Bueu, terá lugar a presentación da novela Un lume azul de Pedro Feijoo. No acto, organizado pola librería Miranda en colaboración co Concello de Bueu,  participarán Fran Alonso e Pedro Feijoo.

Presentación en Vigo de “Un lume azul” de Pedro Feijoo

O mércores 4 de decembro de 2019 ás 20:00 horas, na librería Librouro, Eduardo Iglesias 12, Vigo, terá lugar a presentación do libro Un lume azul de Pedro Feijoo. No acto participarán Manuel Bragado e Pedro Feijoo.