Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: pedro_feijoo

Rosalía negra, na nova novela de Pedro Feijoo

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou onte en Brétemas unha anotación sobre  A memoria da choiva, de Pedro Feijoo.   Rosalía negra Onte presentamos na Libraría Paz de Pontevedra A memoria de choiva de Pedro Feijoo. Foi unha conversa a tres bandas que moito pagou a pena e sempre lembrarei.

Unha trama trepidante de novela negra: «A memoria da choiva», de Pedro Feijoo. Anotación en Trafegando ronseis

Trafegando ronseis publicou unha recensión crítica sobre A memoria da choiva, de Pedro Feijoo.     A memoria da choiva Non sei se existe unha fórmula científica supersecreta que consiga que un libro ate a un lector ou unha lectora a unha cadeira e consiga telo amarrad@ ata que remate a súa lectura. De existir, está claro que Pedro Feijoo conseguiuna. Ollo, é unha arma letal para a que non hai antídoto.

Pedro Feijoo: «A vida de Rosalía de Castro dá para moitísimas novelas máis». Entrevista de Kiko Novoa sobre «A memoria da choiva» na Radio Galega

Onte, Kiko Novoa, no seu programa Galicia por diante, da Radio Galega, entrevistou a Pedro Feijoo para falar da súa nova novela A memoria da choiva.

Un «thriller» con Rosalía ao fondo: «A memoria da choiva», de Pedro Feijoo. Información de Fran P. Lorenzo

Fran P. Lorenzo publicou en El Correo Gallego unha información sobre a novela A memoria da choiva, de Pedro Feijoo.

Presentación «A memoria da choiva« en Gondomar

O venres, 22 de novembro, ás 20:30 horas, na libraría Libraida , rúa Rosalía de Castro 13 de Gondomar, terá lugar a presentación da novela A memoria da choiva de Pedro Feijoo. No acto participarán Pedro Feijoo e Fran Alonso que manterán un diálogo… a tres bandas.

Presentación en Pontevedra de “A memoria da choiva” de Pedro Feijoo

O martes, 19 de novembro, ás 20:00 horas, na libraría Paz , rúa Peregrina, 29 de Pontevedra, terá lugar a presentación da novela A memoria da choiva de Pedro Feijoo. No acto participarán Pedro Feijoo e Manuel Bragado que manterán un diálogo… a tres bandas.

Desvelar un segrego arredor de Rosalía de Castro: «A memoria da choiva», de Pedro Feijoo. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela A memoria da choiva, de Pedro Feijoo.   «A memoria da choiva» no Modus Vivendi Volvimos ao Modus Vivendi para a première diante da prensa da agardada novela de Pedro Feijoo A memoria da choiva.

Roda de Prensa-Presentación de “A memoria da choiva” de Pedro Feijoo en Compostela

O venres, 15 de novembro, ás 16:30 horas, no pub Modus Vivendi, praza Feixoó, 1 de Santiago, terá lugar unha roda de prensa na que presentaremos a novela A memoria da choiva de Pedro Feijoo. No acto participarán Pedro Feijoo e Manuel Bragado.

Novidade: «A memoria da choiva», de Pedro Feijoo. Unha nova aventura chea de versos, sangue, amor e odio

A novela A memoria da choiva, de Pedro Feijoo é unha das novidades de Narrativa desta tempada.   Cando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo, aparece co peito aberto no seu piso da compostelá rúa República do Salvador, son dúas as cousas que chaman a atención do xornalista Aquiles Vega e da profesora Sofía Deneb.

Nova novela de Pedro Feijoo: «A memoria da choiva», un thriller literario

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre A memoria da choiva, a nova novela Pedro Feijoo.       «A memoria da choiva», thriller literario Foi este Samaín moi chuvioso na terra nosa e, no meu caso, moi rosaliano.

Unha excelente novela: «Os fillos do mar», de Pedro Feijoo. Reportaxe de Ceferino de Blas

Ceferino de Blas publicou no Faro de Vigo unha reportaxe sobre a novela Os fillos do mar, de Pedro Feijoo.     La noche más viguesa El escritor Pedro Feijoo se nutre de los rincones y edificios de la ciudad para ambientar su obra “Os fillos domar”, que relata una peculiar búsqueda del tesoro de Rande por parte de los nazis Pedro Feijoo ha escrito una excelente novela.

A banda sonora de “Os fillos do mar”

Algúns dos antigos compañeiros de Pedro Feijoo no grupo musical Lamatumbá compuxeron tres pezas musicais para distintas escenas de Os fillos do mar. Aquí pódense escoitar as tres pezas coa narración da escena en voz do autor. Os fillos do mar, recente Premio Arcebispo Xoán de San Clemente , vai xa pola 5ª edición.