Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: pedro_feijoo

A banda sonora de “Os fillos do mar”

Algúns dos antigos compañeiros de Pedro Feijoo no grupo musical Lamatumbá compuxeron tres pezas musicais para distintas escenas de Os fillos do mar. Aquí pódense escoitar as tres pezas coa narración da escena en voz do autor. Os fillos do mar, recente Premio Arcebispo Xoán de San Clemente , vai xa pola 5ª edición.

Xerais na Feira do Libro da Coruña

Do xoves, 1 de agosto, ao domingo, 11 de agosto, terá lugar na Feira do Libro da Coruña, na que Xerais desenvolverá os seguintes actos Día 1 de agosto, xoves 20:00 h.: Presentación de Días que non foron de Luís Rei Núñez. Participan: Mercedes Queixas, Manuel Bragado e o autor. 21:00 h.: Presentación de Retallos daquela infancia de Bautista Álvarez. Participan: Pilar García Negro, Manuel Bragado e o autor.

“Os fillos do mar” xa ten banda sonora

Algúns dos antigos compañeiros de Pedro Feijoo no grupo musical Lamatumbá compuxeron tres pezas musicais para distintas escenas de Os fillos do mar. Aquí pódense escoitar as dúas primeiras coa narración da escena en voz do autor. Os fillos do mar, recente Premio Arcebispo Xoán de San Clemente , vai xa pola 5ª edición.

Xerais na Feira do Libro de Vigo

Do venres, 28 de xuño ao domingo, 7 de xullo, terá lugar, na Praza de Compostela, a Feira do Libro de Vigo, 2013. Xerais ten organizados os seguintes actos: Día 29 de xuño, sábado 19:30 h.: Pedro Feijoo asina exemplares de Os fillos do mar. Na caseta da organización.  Día 2 de xullo, martes 19:00 h.: Presentación de Faneca Brava de Manuel Portas. Participan: Ramón Nicolás, Manuel Bragado e o autor. 19:30 h.

Pedro Feijoo, galardoado co Premio Arcebispo Xoán de San Clemente pola súa novela «Os fillos do mar»

O escritor Pedro Feijoo foi galardoado onte co Premio Arcebispo Xoán de San Clemente pola súa novela Os fillos do mar.

Pedro Feijoo: «Cando tes que describir como é unha batalla de galeóns cómpre pasar moitas horas de biblioteca». Entrevista de Manuel Varela

La Opinión da Coruña publicou unha entrevista de Manuel Varela con Pedro Feijoo sobre Os fillos do mar. (Foto de Jesús de Arcos).

Diego Ameixeiras e Pedro Feijoo: dous autores de novela negra na Feira de Ourense

Os xornal Tempo de Lecer Ourense publica unha reportaxe de Mónica Vázquez sobre os escritores Diego Ameixeiras e Pedro Feijoo presentaron a súas novelas na Feira do Libro de Ourense: Todo OK e Os fillos do mar.

«Os fillos do mar», de Pedro Feijoo, no blog da libraría Cronopios

A libraría Cronopios publica no seu blog unha anotación sobre Os fillos do mar, de Pedro Feijoo. Pedro Feijoo chegou a Cronopios por primeira vez hai un ano. Acabábamos de comezar unha bonita relación coa emisora local de Onda Cero e estreábamos esas entrevistas públicas onde se mistura tan felizmente o periodismo, a literatura e a cercanía do autor aos lectores.

Xerais na Feira do Libro de Pontevedra

Do mércores, 22  ao domingo, 26 de maio, na Praza da Ferrería, terá lugar a Feira do Libro de Pontevedra na que Xerais organiza os seguintes actos: Día 23 XOVES 19:00 horas:      Presentación do libro Endogamia 0.2 (Segunda entrega do Proxecto AKTUAL da colección Fóra de xogo) de Ramón Caride. Participan: Manuel Busto, Fran Alonso o autor. 20:00 horas:     Presentación do libro Faneca Brava de Manuel Portas.

Entrevista a Pedro Feijoo no programa “El ojo crítico” de RNE

O domingo, 12 de maio, o escritor Pedro Feijoo foi entrevistado no informativo cultural “El ojo crítico” de RNE con motivo da aparición en castelán da súa novela Los hijos del mar. Os fillos do mar, publicada por Xerais en marzo de 2012, vai pola cuarta edición. Neste enlace pode escoitarse a entrevista completa.

Medio cento de lectores compartiron con Pedro Feijoo e «Os fillos do mar» a Cea Literaria de Sanxenxo

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a cea literaria que mantivo en Sanxenxo Pedro Feijoo sobre Os fillos do mar.     Cea Literaria en Sanxenxo Despois da intensa xornada no Consello da Cultura Galega sobre «A cultura impresa na Rede», acompañei a Pedro Feijoo na Cea Literaria do Hotel Justo de Sanxenxo.

Cea literaria con Pedro Feijoo e a súa novela “Os fillos do mar” en Sanxenxo

O venres, 8 de marzo ás 21:30 horas, no Hotel Justo de Sanxenxo, terá lugar un Cea Literaria arredor da novela Os fillos do mar de Pedro Feijoo. Esta actividade, organizada pola librería Nós, pola Adega Eidos Viticultores e polo Hotel Justo, é a primeira das NOITES LITERARIAS que están a preparar os organizadores. Reservas no teléfono: 986 69 07 50 ou nas empresas patrocinadoras.