Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: pedro_feijoo

Vídeo da presentación de «Os fillos do mar», de Pedro Feijoo, durante o Cultugal

Vídeo publicado por Redelibros da presentación do libro Os fillos do mar, de Pedro Feijoo, durante o Culturgal.

Novela trepidante e de intriga: «Os fillos do mar», de Pedro Feijoo. Crítica de Vanesa Oliveira

A xornalista Vanesa Oliveira publicou no seu blog unha recensión crítica sobre Os fillos do mar, de Pedro Feijoo.   Os fillos do mar, a novela de Vigo Veño de rematar a lectura de Os fillos do mar (Xerais, 2012), a novela coa que Pedro Feijoo quedou finalista do Premio Xerais en 2011, e xa lle fixen unha película na cabeza.

«O best seller como elemento normalizador: fillos dun mar complicado». Reflexión de Pedro Feijoo a partir de «Os fillos do mar»

O escritor Pedro Feijoo, autor de Os fillos do mar, pronunciou o pasado mes de decembro unha conferencia na Universitat de Barcelona baixo o título «O best seller como elemento normalizador dun sistema literario en crise». A partir daquela conferencia, a revista Galicia 21.

Os primeiros títulos de Xerais están xa en Amazon, dispoñibles para o Kindle

Os primeiros títulos de Xerais están xa en Amazon, dispoñibles para os lectores e lectoras que empregan o Kindle. Os libros que xa se poden mercar para ese formato electrónico son As voces baixas, de Manuel Rivas; Tonas de laranxa, de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, Premio Xerais de Novela 2012; En vías de extinción, de María Reimóndez; e Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz.

«O best seller como elemento normalizador dun sistema literario en crise»: conferencia de Pedro Feijoo en Barcelona

O escritor Pedro Feijoo, autor de Os fillos do mar, impartirá unha conferencia en Barcelona  baixo o título O best seller como elemento normalizador dun sistema literario en crise. O acto terá lugar o mércores 12 de decembro, ás 11:30 horas, na Sala de Professors (Edifici Josep Carner, andar 5) da Facultat de Filologia da Universitat de Barcelona (Carrer Aribau, 2), e está organizada por Estudis Gallecs i Portuguesos.

O roteiro literario en torno á novela «Os fillos do mar», de Pedro Feijoo, en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publica unha cronica sobre o roteiro literario que fixeron cos rapaces e rapazas para seguir o itinerario de Os fillos do mar, acompañados polo autor da novela, Pedro Feijoo.     Fomos Fillos do mar O pasado xoves (xa hai unha semana, como pasa o tempo!) fomos a Vigo a encontrarnos con Pedro Feijoo.

Pedro Feijoo no Club de Lectura do IES Valadares con «Os fillos do mar»

Ramón Nicolás reproduce no seu blog Caderno da crítica a visita de Pedro Feijoo ao IES Valadares, onde os rapaces e rapazas do club de lectura leron Os fillos do mar.   Pedro Feijoo, con «Os fillos do mar» ao fondo Onte volveu pórse en marcha o club de lectura de adultos Lendo no Galiñeiro, conformado por compoñentes da comunidade docente, pais e nais do alumnado e persoal non docente do IES Valadares.

«Os fillos do mar», de Pedro Feijoo: novela negra, de aventuras, unha boa dose de intriga. Crítica de Juan Romero

Juan Romero publica no seu blog Lerever unha recensión crítica sobre Os fillos do mar, de Pedro Feijoo.     “Os fillos do mar”, Pedro Feijoo No instituto no que traballo temos dous clubs de lectura, un para o alumnado e outros para profesorado, persoal non docente, pais e nais. Curiosamente ambos levados pola mesma persoa, Ramón Nicolás, autor do libro do comentario anterior.

Fotogalería de estudantes lendo «Os fillos do mar», de Pedro Feijoo

Trafegando ronseis publica as fotos dos alumnos e alumnas de Gracia Santorum durante a lectura de Os fillos do mar, de Pedro Feijoo. Reproducímolas a continuación.

Rande e «Os fillos do mar», de Pedro Feijoo. Artigo de Jorge Lamas

Jorge Lamas publicou un artigo de opinión na edición viguesa de La Voz de Galicia sobre Os fillos do mar, de Pedro Feijoo.     Siempre Rande Continuamente retorna nuestra mejor película a la actualidad sin que ningún gestor público de aquí o de allá se dé cuenta de su potencial económico.

A intriga e aventura manteñen «Os fillos do mar» como un dos éxitos editoriais do ano

Reproducimos esta información publicada en Letra en Obras sobre Os fillos do mar, de Pedro Feijoo. A intriga e aventura manteñen «Os fillos do mar» como un dos éxitos editoriais do ano Tres edicións en pouco máis de seis meses. A novela Os fillos do mar de Pedro Feijoo (Vigo, 1975) é sen dúbida a revelación comercial en 2012.

Pedro Feijoo asinará exemplares de “Os fillos do mar” na Casa do Libro de Vigo

O vindeiro martes, 9 de outubro, a partir das 19:30 horas, Pedro Feijoo asinará exemplares da súa novela Os fillos do mar na Casa do Libro de Vigo con motivo da aparición da terceira edición. Pedro Feijoo organizou no seu facebook un simpático concurso no que todos podemos participar.