Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: pedro_feijoo

As páxinas pasan voando nesta historia que é unha fuxida cara a diante en todos os sentidos: «Sen piedade», de Pedro Feijoo. Crítica de Malores Villanueva

O programa Chamando á Terra, da Radio Galega, emitiu unha crítica de Malores Villanueva sobre a novela Sen piedade, de Pedro Feijoo. A opinión crítica pode escoitarse nesta ligazón.

Pedro Feijoo: «Esta novela é un pouco “tramposa”, como todos os meus traballos. Nada é o que semella; nin sequera é unha ‘road movie’, aínda que o pareza.» Entrevista en Localia Vigo

Localia Vigo emitiu unha entrevista con Pedro Feijoo sobre a novela Sen piedade. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Vigo 2018

Do xoves 28 de xuño ao sábado 7 de xullo, terá lugar, na Porta do Sol, a Feira do Libro de Vigo 2018 e na que Xerais ten organizados os actos seguintes: Martes  3 de xullo de 2018  19:00 h Contacontos infantil a cargo de Iago López, autor de O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas. Ao remate asinará exemplares do libro. 19:00 h Jorge Lamas asinará exemplares do seu libro Historias de Vigo.

Pedro Feijoo: «Eu non escribo para demostrar o que sei, senón para compartir e que haxa diálogo.» Entrevista en «Faro de Vigo» sobre a novela «Sen piedade»

A edición de Pontevedra do xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Ana López co escritor Pedro Feijoo sobre a súa novela Sen piedade. A entrevista pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Pedro Feijoo: «Nesta novela falo de como as relacións amorosas non coidadas poden rematar en situacións moi duras.» Entrevista no xornal «Faro de Vigo» sobre «Sen piedade»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Ana G. Liste co escritor Pedro Feijoo sobre a súa novela Sen piedade. A entrevista pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Pedro Feijoo: «Nas miñas novelas procuro o entretemento por riba de todo, ofrecerlles aos lectores un xogo no que me acompañen e se sorprendan.» Entrevista sobre «Sen piedade»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Jorge Lamas a Pedro Feijoo sobre a súa novela Sen piedade. A entrevista poden lerse ou descargar en formato PDF nesta ligazón.

Case unha vintena de autoras e autores de Xerais participan na Festa dos Libros de Pontevedra 2018

Os días 22-23 e 24 de xuño, na Praza da Ferrería de Pontevedra terá lugar unha nova edición da Festa dos Libros. Aquí presentamos o programa de actividades de Xerais.       Venres 22 de xuño de 2018 19.00 h Manuel Lourenzo González presenta Ceiba de Luz  conversa con Manuel Bragado. Ao remate asina no Espazo da libraría Paz 20:00 h. Carlos Taboada asina A biblioteca de Pedrarcana no Espazo Lector Nobel 21.

Novidade: «Sen piedade», de Pedro Feijoo. Unha viaxe feroz, a tumba aberta, sen coidado nin precaución, sen tregua e sen límites

Sen piedade, de Pedro Feijoo, é unha novidade da colección Milmanda – Edición Literaria. Podería contar moitas cousas daqueles dous días. Pero supoño que agora o único que importa é que Gordo era o meu mellor amigo, e que eu estaba fodido coma nunca. Porque ela xa non quería saber nada de min. E eu queríaa, maldita sexa, queríaa.

Presentación en Bueu de “Sen piedade” de Pedro Feijoo

O venres 22 de xuño de 2018, ás 21,00 horas, na Biblioteca Torrente Ballester, Ramal dos Galos, s/nº, Bueu, terá lugar a presentación do libro Sen piedade de Pedro Feijoo. No acto, organizado pola librería Miranda en colaboración co Concello de Bueu, conversarán Ramón Rozas e Pedro Feijoo.

Un paseo meditado polas rúas da cidade antiga e unha vindicación da memoria cidadá: «Camiñar o Vigo vello», de Pedro Feijoo. Reportaxe en «ZigZag Diario»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha reportaxe sobre Camiñar o Vigo vello, de Pedro Feijoo. A reportaxe pode verse nesta ligazón.

Presentación en Vigo de “Sen piedade” de Pedro Feijoo

O xoves 21 de xuño de 2018 ás 20,00 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125, Vigo, terá lugar a presentación da novela Sen piedade de Pedro Feijoo. No acto participarán Fran Alonso, Manuel Bragado e Pedro Feijoo.

«Sen piedade», «Principio de incerteza» e «Un home estraño», entre as recomendacións literarias do crítico Ramón Nicolás para este verán

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia e no seu blog Caderno da Crítica unha listaxe das lecturas por el recomendadas para este verán.                       Entre as obras recomendadas figuran os seguintes libros de Xerais: Sen piedade de Pedro Feijoo.