Publicado o 23 Setembro, 2020 nas categorías Críticas, Infantil, Merlín, Xuvenil
O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Laura Caamaño sobre o libro: Mariña e o balón, de Pere Tobaruela, con ilustracións de Pablo Rosendo, publicado por Xerais na colección: Merlín.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 3 Febreiro, 2020 nas categorías Clásicos, Noticias, Novidades, Xerais
O xornal Galicia Confidencial publicou unha noticia sobre as novidades de Xerais neste mes de xaneiro, con especial mención ao libro: Birimbao. Poemas de mí para ti (1937-1939), de Celso Emilio Ferreiro.
Xerais reúne nun libro varios poemas inéditos de Celso Emilio Ferreiro
A editorial tamén celebrará este 2020 os cen anos do nacemento do escritor Ray Bradbury, reeditanto o seu libro Farenheit 451.
Ler máis →
Publicado o 27 Xaneiro, 2020 nas categorías Infantil, Merlín, Novidades, Xuvenil
Mariña e o balón, de Pere Tobaruela, con ilustracións de Pablo Rosendo, é unha novidade da colección Merlín de Xerais.
Mariña é unha namorada do fútbol e da poesía. Escribe poemas acotío, pero aínda non se decidiu a anotarse nun equipo de fútbol porque pensa que todo o mundo vai ser coma os seus compañeiros da clase, que sempre amolan as nenas que queren xogar co balón no recreo.
Ler máis →
Publicado o 24 Abril, 2019 nas categorías Feiras_do_libro, Formig4s, Merlín, Narrativa, Poesía, Presentacións, Sinatura
Do 28 de abril ao 5 de maio, no paseo central da Alameda de Compostela, vai ter lugar a Feira do Libro de Santiago 2019. Xerais ten organizado o programa seguinte:
Día 28 de abril, domingo:
19:00 horas: Obradoiro arredor do libro Quokka Moka de María Solar, ilustrado por Víctor Rivas. Ao remate sinatura de exemplares.
Día 2 de maio, xoves:
19:00 horas: Presentación Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros de Pilar G. Rego.
Ler máis →
Publicado o 10 Abril, 2019 nas categorías Formig4s, Novidades
Formig4s. Misión Camiño de Santiago, de Pere Tobaruela , ilustrado por Andrés Meixide, é unha novidade da colección Formig4s de Xerais.
FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados.
En Misión Camiño de Santiago os FORMIG4S investigan o estraño roubo dos restos do apóstolo Santiago.
Ler máis →
Publicado o 23 Maio, 2017 nas categorías Blogs, Críticas, Formig4s, Infantil
O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión sobre o libro Formig4s. Misión Tokyo, da serie Formig4s, escrita por Pere Tobaruela e deseñada e ilustrada por Andrés Meixide.
Formig4s. Misión Tokyo
Se un libro transcorre en Tokyo, tenme gañada, indubidablemente e por razóns obvias.
Ler máis →
Publicado o 12 Maio, 2017 nas categorías Cómic, Formig4s, Historia, Infantil, Novidades
Formig4s. Misión Tokyo é ocuarto título da serie Formig4s, escrita por Pere Tobaruela e deseñada e ilustrada por Andrés Meixide.
FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 E FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados.”Misión Tokyo” leva os FORMIG4S á capital do Xapón.
Ler máis →
Publicado o 9 Decembro, 2015 nas categorías Autores, Formig4s, Reportaxes
O Faro de Vigo publicou unha información de Lois Docampo sobre o escritor Pere Tobaruela, que acaba de publica o seu último libro, Formig4s. Misión Barcelona, da serie Formig4s. (Foto Faro de Vigo, Bernabé/Víctor).
A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 2 Decembro, 2015 nas categorías Cómic, Formig4s, Infantil, Novidades
Formig4s. Misión Barcelona, é o terceiro título da serie Formig4s, escrita por Pere Tobaruela e deseñada e ilustrada por Andrés Meixide.
FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados.“Misión Barcelona” leva os FORMIG4S á capital catalá o día de Sant Jordi.
Ler máis →
Publicado o 25 Agosto, 2015 nas categorías Infantil, Noticias, Premios, Xuvenil
Rubicundo de María Canosa; Misión Nova York, da serie Formig4s de Pere Tobaruela; O veleno da risa. Un misterio para Tintimán en Lugo, de Jaureguizar; A neve interminable, de Agustín Fernández Paz e De cristal, de Silvestre Gómez Xurxo, son os libros de Xerais elixidos finalistas nas diferentes categorías da XII edición do Premio Frei Martín Sarmiento.
Ler máis →
Publicado o 30 Xaneiro, 2015 nas categorías Clubs_de_lectura, Formig4s, Infantil
O primeiro volume da serie Formig4s, de Pere Tobaruela, centrará mañá sábado 29 de xaneiro a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura, e contará coa presenza do autor na Biblioteca de Gondomar.
As formigas invaden o Lendo Contigo
Este sábado 31 de xaneiro, celébrase a sesión mensual do club de lectura compartida Lendo Contigo. A lectura que lemos nesta ocasión é Formigas.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2015 nas categorías Críticas, Formig4s, Infantil
María Navarro publicou as páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Formig4s. Misión París, o primeiro título da serie Formig4s, escrita por Pere Tobaruela e deseñada e ilustrada por Andrés Meixide.
A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →