Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: perfecto_conde

Un libro de interese para quen descoñeza a traxectoria vital de Francisco Fernández del Riego: «Conversas con Paco del Riego», de Perfecto Conde. Crítica na revista Tempos Novos

A revista Tempos Novos publicou unha recensión crítica de Camiño Noia sobre o libro: Conversas con Paco del Riego, de Perfecto Conde. O libro está publicado por Xerais na colección Crónica – Conversas. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato pdf nestas ligazóns: Conversas Tempos Novos 1 / Conversas Tempos Novos 2.

Hai personaxes cuxa vida resume a historia dun país: «Conversas con Paco del Riego», de Perfecto Conde. Crítica de Diego Ameixeiras no suplemento Fugas

O suplemento Fugas de La Voz de Galicia publicou unha anotación de Diego Ameixeiras sobre o libro: Conversas con Paco del Riego, do que é autor Perfecto Conde. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Ninguén interesado en saber o que foi a historia da literatura e a cultura galega do pasado século pode deixar de ler estas páxinas: «Conversas con Paco del Riego», de Perfecto Conde. Crítica de Armando Requeixo

O crítico Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre Conversas con Paco del Riego, de Perfecto Conde.

As memorias dun home ao que lle cabía Galicia na cabeza: «Conversas con Paco del Riego», de Perfecto Conde. Artigo de Jaureguizar

O xornal dixital Galiciaé publicou un artigo de Jaureguizar sobre Conversas con Paco del Riego, de Perfecto Conde.   Os cinco disparos de Paco del Riego Perfecto Conde publica unha entrevista fascinante con Francisco del Riego. O libro traza unha xenealoxía moral sobre a traizón e o perdón na cultura galega.

O xornalista Perfecto Conde publica un libro de conversas inéditas con Francisco Fernández del Riego

O xornal Sermos Galiza publicou unha información de Daniel Salgado sobre Conversas con Paco del Riego, do xornalista Perfecto Conde (Imaxe: Sermos Galiza -De esq. a der., Álvaro Cunqueiro, Francisco Fdez. del Riego e Ricardo Carvalho Calero, en Compostela na década de 1930-).

Novidade: «Conversas con Paco del Riego», de Perfecto Conde. Un verdadeiro testamento cultural e político do que pensaba e do que representou don Paco del Riego ao longo da súa vida

Conversas con Paco del Riego, de Perfecto Conde, é unha novidade da colección Crónica-Conversas. O 10 de abril de 2008, cando contaba xa 95 anos, Francisco Fernández del Riego e Perfecto Conde Muruais sentan diante dun magnetófono co propósito de falar libremente de todo o que se lles fose ocorrendo.

Perfecto Conde polemiza con Antón Reixa en torno ao libro «Antón Reixa, ghicho distinto», de de X. Cid Cabido e Manuel Xestoso

O xornalista Perfecto Conde publica no seu blog unha anotación sobre o libro de entrevistas, de carácter memorialístico, Antón Reixa. Ghicho distinto de X. Cid Cabido e Manuel Xestoso.

Perfecto Conde Recomenda «Inmunda escoria» de Ricardo Gurriarán

Ricardo Gurriarán e os seus 68 […] Quero falar de algo que me interesou moito. Os dous libros publicados por Ricardo Gurriarán sobre o movemento estudiantil galego do ano 1968, Inmunda escoria e 1968 en Compostela testemuños. A min o primeiro paréceme un libro fundamental, de auténtica referencia.

«Xuvia-Neda» de Vicente Araguas, recomendación de Perfecto Conde e Xosé Carlos Caneiro

«El llano en llamas de Vicente Araguas» Escribe hoxe Xosé Carlos Caneiro sobre a permanencia de Compostela nun artigo que aparece no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia.

Ramiro Fonte, Premio Porto Magno

Ramiro Fonte, Premio Porto Magno

Segundo informa hoxe no seu blog o xornalista Perfecto Conde o próximo luns, 28 de xullo, ás 13 horas, no pazo do Concello de Ferrol, terá lugar o acto de homenaxe do mundo das letras ao escritor Ramiro Fonte.