Publicado o 23 Abril, 2019 nas categorías Conferencia, Narrativa
O martes 30 de abril de 2019 ás 09:30 horas, a escritora Iolanda Zúñiga ofrecerá o seminario “Periferia. Contra a literatura confortable” na Aula 15, Edificio Josep Carner, Universidade de Barcelona.
A actividade está coorganizada por ADHUC, Estudis Gallecs i Portuguesos (UB) e o Mínor de Gallec (UAB) dentro do ciclo “No només Rosalía de Castro”.
Ler máis →
Publicado o 21 Novembro, 2017 nas categorías Booktubers, Narrativa, Vídeos
A poeta Afra Torrado recomenda nun vídeo o libro de relatos Vidas pos-it e a novela Periferia de Iolanda Zúñiga; a novela Resistencia, de Rosa Aneiros, e as novelas En vías de extinción e A música dos seres vivos, de María Reimóndez.
Ler máis →
Publicado o 9 Xullo, 2015 nas categorías Fóra de Xogo, Narrativa, Presentacións, Xuvenil
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou unha anotación sobre a presentación onte na Feira do Libro de Vigo dos libros As palabras poden matar de Marcos Calveiro e Un animal chamado néboa de Ledicia Costas.
Conversas na feira
Magnífico serán de conversas literarias o onte na Feira do Libro de Vigo, arredor d’As palabras poden matar de Marcos Calveiro e Un animal chamado néboa de Ledicia Costas.
Ler máis →
Publicado o 15 Xullo, 2014 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa
Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista a Iolanda Zúñiga sobre a súa novela Periferia.
«A relixión, o fútbol, o Carnaval, son en Brasil para moita xente unha maneira de ter esperanza»
As favelas estaban aí antes do Mundial. E seguirán cando se apague o debate mediático xerado arredor deste macroespectáculo. Tamén a desigualdade. O racismo. O patriarcado. A intemperie.
Ler máis →
Publicado o 6 Xuño, 2014 nas categorías Narrativa, Premios_Xerais, Xerais, Xerais nos blogs
BiosBardia publicou un artigo de César Lorenzo Gil baixo o título «Dez Premios Xerais que paga a pena ler». (Foto de Xan Carballa)
Dez Premios Xerais que paga a pena ler
O sábado, 7 de xuño, saberemos que novela gaña o Premio Xerais de Novela 2014. A publicación da obra gañadora aínda demorará uns mesiños.
Ler máis →
Publicado o 4 Xaneiro, 2013 nas categorías Audios, Entrevistas, Narrativa, Poesía
Armando Requeixo publicou na sección «Parlamento das letras» do seu blog Criticalia unha entrevista con Iolanda Zúñiga.
Parlamento das Letras: Iolanda Zúñiga
Iolanda Zúñiga é unha escritora cuántica.
Ler máis →
Publicado o 23 Novembro, 2012 nas categorías Eventos, Narrativa, Premios_Xerais
A escritora Iolanda Zúñiga impartirá o vindeiro luns unha conferencia no Instituto Cervantes de São Paulo, Brasil, sobre a súa novela Periferia. A actividade, promovida polo Consello da Cultura Galega, devolve a escritora ao escenario do que partiu a novela, que foi gañadora do Premio Xerais en 2010. Periferia foi considerada pola crítica unha das novelas máis innovadoras da literatura galega dos últimos tempos.
Ler máis →
Publicado o 6 Outubro, 2011 nas categorías Blogs, Narrativa, Noticias
O crítico Xosé Manuel Eyré publica un post no que escolle as que, ao seu xuízo, son as 10 mellores novelas de 2010. Reproducimos aquí as que corresponden a Xerais. O listado enteiro pode consultarse no seu blog.
1. O coitelo en novembro, Marilar Aleixandre
3. Periferia , Iolanda Zúñiga
4. Todo é silencio, Manuel Rivas
6. Denso recendo a salgado, Manuel Portas
10.
Ler máis →
Publicado o 4 Marzo, 2011 nas categorías Ensaio, Fóra de Xogo, Narrativa, Noticias, Poesía, Premios, Teatro, Traducións, Xerais, Xornalismo, Xuvenil
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) fixo público hoxe os finalistas dos seus premios anuais. Tras unha votación dos seus asociados anunciou os finalistas tanto nas categorías de libros editados como de blogs e xornalismo. A gala de entrega dos premios será o 30 de abril en Santiago. Os membros da AELG serán tamén quen escollan de entre os finalistas os galardoados.
Blog Literario
1.
Ler máis →
Publicado o 2 Marzo, 2011 nas categorías Críticas, Narrativa
O portal de literatura do Consello da Cultura Galega, LG3, publica hoxe unha recensión crítica de Lorena Domínguez Mallo sobre a obra Periferia, de Iolanda Zúñiga, gañadora do Premio Xerais de Novela 2010. Reproducímola a continuación:
Plano favela
Obra gañadora do Premio Xerais de novela 2010, a forza e a intensidade da prosa que flúe nestas páxinas reborda os sentidos.
Ler máis →
Publicado o 17 Xaneiro, 2011 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa, Premios_Xerais
A Nosa Terra publica unha entrevista de César Lorenzo Gil a Iolanda Zúñiga sobre a súa novela Periferia, Premio Xerais 2010. Reproducímola a continuación:
Iolanda Zúñiga: «Débolle máis á linguaxe audiovisual que á literaria»
César Lorenzo Gil.
Ler máis →
Publicado o 5 Xaneiro, 2011 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa, Premios_Xerais
O Faro de Vigo inclúe hoxe unha entrevista de Mar Mato a Iolanda Zúñiga sobre a súa novela Periferia, Premio Xerais 2010. Reproducímola a continuación:
«Só escribo cando unha historia me toca no corazón»
A autora critica que o Goberno brasileiro pacifique as favelas por causa da olimpíada
Iolanda Zúñiga (Vigo, 1975) iniciou a súa andaina como escritora recoñecida con Vidas post-it no 2007.
Ler máis →