Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: periferia

«”Periferia”: sen respiro», comentario de R. Nicolás

En Periferia Iolanda Zúñiga incorpora discursos literarios, ou non, de moi diversa condición e transloce unha intención de revisión social, crítica e activa, nun pano de fondo como é o das favelas de São Paulo, cidade que é metáfora tamén do propio mundo.

Dolores Vilavedra asegura que «Periferia» lanza un desafío que vai moito máis alá dos límites do propio texto

Dolores Vilavedra asegura que «Periferia» lanza un desafío que vai moito máis alá dos límites do propio texto

No suplemento Luces de El País, Dolores Vilavedra fai un repaso das últimas novidades e anuncia unha próxima recensión crítica sobre Periferia, de Iolanda Zúñiga, Premio Xerais de Novela 2010.

«Periferia« de Iolanda Zúñiga, o booktrailer

[kml_flashembed movie=”https://www.youtube.com/v/6aoTiBbM4iQ” width=”600″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Booktrailer de Periferia de Iolanda Zúñiga, novela gañadora do Premio Xerais de Novela 2010. O guión e a realización é de David Rodríguez.

«Os periféricos de Iolanda Zúñiga», artigo de Xosé Lois García

«Os periféricos de Iolanda Zúñiga», artigo de Xosé Lois García

Baixo ese título, «Os periféricos de Iolanda Zúñiga» publica Xosé Lois García en A Nosa Terra un artigo literario sobre a novela Periferia, coa que Iolanda Zúñiga gañou o Premio Xerais de Novela 2010.

«Periferia», de Iolanda Zúñiga, unha novela contra a literatura confortable

«Periferia», de Iolanda Zúñiga, unha novela contra a literatura confortable

O suplemento Luces de El País publica hoxe unha longa reportaxe de Dolores Vilavedra sobre a novela Periferia, de Iolanda Zúñiga, baixo o título de «Contra a literatura confortable».

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «Periferia», de Iolanda Zúñiga

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «Periferia», de Iolanda Zúñiga

O crítico Xosé Manuel Eyré publica hoxe en A Nosa Terra unha recensión crítica sobre Periferia, de Iolanda Zúñiga, Premio Xerais de Novela 2010.  A recensión pódese ler integramente aquí. Reproducimos algúns parágrafos: (…) Periferia hai que entendela inserida na eclosión, desde hai dúas décadas máis ca nada, da literatura feita nas favelas ou sobre as favelas.

Crítica de Armando Requeixo sobre «Periferia», de Iolanda Zúñiga

Crítica de Armando Requeixo sobre «Periferia», de Iolanda Zúñiga

O crítico Armando Requeixo publicou hoxe no suplemento literario Faro da Cultura, do Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Periferia, de Iolanda Zúñiga, Premio Xerais de Novela 2010.  A recensión pódese baixar en pdf. Reproducímola integramente: Armaxedón; periferia Exorcismos para sobrevivir Un zunido inmenso nos oídos. Un zunido inmenso nos oídos e un acedume mesto galgando polo esófago.

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Periferia», de Iolanda Zúñiga

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Periferia», de Iolanda Zúñiga

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog Bouvard e Pécuchet unha recensión crítica sobre a novela Periferia, de Iolanda Zúñiga.

«Periferia», de Iolanda Zúñiga, e a trata de futbolistas

O crítico Xosé Manuel Eyré continúa a incluír no seu blog novas citas, subliñados e reflexións en torno á novela gañadora do Premio Xerais 2010, Periferia, de Iolanda Zúñiga. Nun deses apuntamentos, incide no capítulo da novela que está dedicado ao fútbol e a súa relación coa sociedade brasileira, así como a «trata» de futbolistas.

Citas de Xosé Manuel Eyré sobre «Periferia», de Iolanda Zúñiga

Citas de Xosé Manuel Eyré sobre «Periferia», de Iolanda Zúñiga

O crítico Xosé Manuel Eyré publica un novo post con algunhas citas sobre Periferia, a novela coa que Iolanda Zúñiga gañou o  Premio Xerais 2010.

«Periferia», de Iolanda Zúñiga, primeiras impresións do crítico Xosé Manuel Eyré

«Periferia», de Iolanda Zúñiga, primeiras impresións do crítico Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publica un breve post coas súas primeiras impresións sobre Periferia, a novela de Iolanda Zúñiga gañadora do Premio Xerais 2010. O crítico, que manifesta o seu pasmo nun momento en que aínda non rematou de lela, declara descubrir con esta novela a auténtica estatura narradora da escritora. «Estamos no XXI», escribe. Pode lerse  completo aquí.

Entrevista con Iolanda Zúñiga: «Non hai bos nin malos», asegura falando de «Periferia»

Entrevista con Iolanda Zúñiga: «Non hai bos nin malos», asegura falando de «Periferia»

A xornalista Montse Dopico publica no Galicia hoxe unha longa entrevista con Iolanda Zúñiga con motivo da publicación da súa obra Periferia, Premio Xerais de Novela 2010. Reproducímola integramente: «Non hai bos nin malos» «A dobre moral fainos pensar que temos dereito a xulgar.