Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: pilar_ortega

Unha historia que dá conta da traxedia que supón o abuso sexual sen sequera rozar os tópicos e deixando unha porta aberta á salvación: «Principio de incerteza», de Pilar Ortega. Crítica de Pilar Ponte

O suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo publicou unha recensión crítica de Pilar Ponte sobre a novela Principio de incerteza, de Pilar Ortega, Premio Ánxel Fole de Narración Curta en 2017. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Maltrato, maternidade e amizade nunha viaxe emocional entre mestra e alumna: «Principio de incerteza», de Pilar Ortega, no espazo «Cada día un libro» da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo á novela Principio de incerteza, de Pilar Ortega, premio Ánxel Fole de Narrativa Curta en 2017. O programa pode verse nesta ligazón.

Pilar Ortega: «A visibilización do abuso sexual infantil é unha loita que non se debe silenciar.» Entrevista no «Diario Cultural» sobre «Principio de incerteza»

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista coa escritora Pilar Ortega sobre a súa novela Principio de incerteza, premio Ánxel Fole de Narrativa Breve 2017. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Pilar Ortega: «Gústanme as historias curtas, tanto como lectora como cando escribo, e nesta novela hai moita acción e moi pouca descrición.» Entrevista en Localia Vigo sobre «Principio de incerteza»

Localia Vigo emitiu unha entrevista con Pilar Ortega sobre a novela Principio de incerteza, premio Ánxel Fole de Narrativa Breve 2017. A entrevista pode verse nesta ligazón.

«Sen piedade», «Principio de incerteza» e «Un home estraño», entre as recomendacións literarias do crítico Ramón Nicolás para este verán

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia e no seu blog Caderno da Crítica unha listaxe das lecturas por el recomendadas para este verán.                       Entre as obras recomendadas figuran os seguintes libros de Xerais: Sen piedade de Pedro Feijoo.

Pilar Ortega: «Na novela cuestiónase ata que punto unha mestra debe achegarse a unha alumna dun xeito máis persoal.» Entrevista en «Chamando á Terra» sobre «Principio de incerteza»

O programa Chamando á Terra da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar a Pilar Ortega, autor da novela Principio de incerteza, premio Ánxel Fole de Narrativa Breve 2017. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «Principio de incerteza», de Pilar Ortega. Unha historia sobre o amor, a soidade e a importancia das relacións persoais como esencia do ser humano

Principio de incerteza, de Pilar Ortega, é unha novidade da colección Narrativa. Novela gañadora do Premio Ánxel Fole de Narración Curta en 2017.

A novela «Principio de incerteza», de Pilar Ortega, gaña o Premio Ánxel Fole de narrativa curta

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobreo fallo do Premio Ánxel Fole de narrativa curta, que gañou a escritora Pilar Ortega coa novela Principio de incerteza.   «Principio de incerteza» de Pilar Ortega, premio Ánxel Fole Despois de varios meses de lectura escollemos onte no concello de Lugo, entre 49 orixinais, a obra gañadora do Premio Ánxel Fole de narrativa curta.

José Ignacio Silva Regueira gañador do IIº Premio de Micronovela concello de Soutomaior

José Ignacio Silva Regueira resultou gañador do IIº premio de Micronovela concello de Soutomaior pola obra Escintileos, presentada baixo o lema «Trifón 1». Nacido en Carballo en 1978, Ignacio Silva é licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña. Ten recibido diversos premios polo seu labor como narrador.

IIº Certame de Micronovela «Concello de Soutomaior»

IIº Certame de Micronovela «Concello de Soutomaior»

Onte foron presentadas as bases do IIº Certame de Micronovela «Concello de Soutomaior» no que Xerais colabora coa edición da obra gañadora. Na primeira edición a obra premiada foi Proxecto bolboreta de Andrea Maceiras e a finalista Virxinia de Pilar Ortega. Neste certame poden presentarse obras narrativas cunha extensión mínima de 35 folios e máxima de 60, escritos a dobre espazo, en fonte Arial e corpo 12.