Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: placebo

Novidade: «Placebo», de Jaureguizar. A novela dun personaxe que sobreviviu a un accidente e perdeu a memoria nun aeroporto

A novela Placebo, de Jaureguizar, é unha novidade de Xerais para este outono. Roi sobreviviu a un accidente horrible. A memoria quedoulle sepultada nun aeroporto de París. De regreso a Galicia debe lembrar quen é, confiar no pasado que lle describen. A súa muller, Beatriz, axúdalle a recompoñer ese tempo, aínda sendo difícil. Roi négase a esquecer o desagradable.