Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: poderosa

«Poderosa 2»: «A verdade entre a comedia e a traxedia», crítica de Xosé Manuel Eyré

Até que punto se pode interferir no desenvolvemento dos acontecementos que ditan os nosos días? Preguntabámonolo a raíz da lectura da primeira Poderosa. Esa mesma pregunta mantémola agora e haberemos de reformula en cada lectura das aventuras de Joana Dalva, a rapaza que, escribindo coa man esquerda, é quen de mudar o desenvolvemento da historia.

Finou Sérgio Klein

Finou Sérgio Klein

Soubemos hoxe do falecemento de Sérgio Klein, o autor brasileiro da serie «Poderosa», da que levamos editadas dúas entregas e da que preparamos a terceira, novelas traducidas todas as tres por Mercedes Pacheco.

Montse Pena Presas escribe en «lg3» sobre «Poderosa 2» de Sèrgio Klein

ESCRIBIR PARA TRANSFORMAR, ESCRIBIR PARA ATOPARSE Cando en novembro de 2008 saudei xubilosa, neste mesmo espazo, a chegada ao mundo editorial galego de Poderosa de Sérgio Klein, non me equivoquei. Púideno comprobar agora que veño de rematar Poderosa 2, o regreso das aventuras de Joana Dalva que se vén de tirar na colección “Fóra de Xogo” de Xerais.

Xerais, próximas novidades infantís e xuvenís

Anunciamos o programa de novidades infantís e xuvenís preprado pola editorial até finais de 2009: XERAIS MERLÍN Mil cousas poden pasar. Libro I. Jacobo Fernández Serrano (texto e ilustracións). Premio Merlín de Literatura Infantil 2009. Novela. Acartonado. Merlín 9 en diante. Valados. Agustin Fernández Paz (texto) e Xan López Domínguez (ilustracións). Conto. Acartonado. O maquinista Antón.

«Poderosa», crítica de Montse Pena en Culturagalega

«Poderosa», crítica de Montse Pena en Culturagalega

Montse Pena preséntanos no lg3 de Culturagalega unha estupenda crítica á novela de Sérgio Klein, Poderosa. Diario dunha rapaza que tiña o mundo na man.

«Poderosa», o novo «Harry Potter»?

«Poderosa», o novo «Harry Potter»?

Xosé Manuel Eyré pregúntase no seu blog se Poderosa non será o novo Harry Potter. Recollemos un fragmento da súa anotación: A novela é interesante. Xustamente iso: interesa. Consegue meter a lector na historia. Familiarízao con ela de xeito moi efectivo. Mañá comezo a escribir a crítica e a reler O profesor de vegliota, hai un par de cousas que necesito comprobar relativas á emotividade narratatorial.

“Poderosa”, diario dunha rapaza que tiña o mundo na man

“Poderosa”, diario dunha rapaza que tiña o mundo na man

Poderosa de Sèrgio Klein é un dos maiores éxitos da literatura xuvenil recente no Brasil. Traducida por Mercedes Pacheco Vázquez aparece esta semana en Fóra de Xogo para conquistar milleiros de lectores en galego.