Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: poemar_o_mar

A campaña #envozpropia de Xerais, nos medios e na rede

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

#envozpropia: Campaña nas redes sociais de Xerais

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

Antonio García Teijeiro: «Estou moi orgulloso de dedicarme principalmente á literatura infantil e xuvenil». Entrevista no xornal «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela ao escritor Antonio García Teijeiro, na que fala sobre o libro: Poemar o mar, co que gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2017. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«Poemar o mar», de Antonio García Teijeiro, entre os vinte mellores libros en español do último ano, segundo a selección literaria da Fundación Cuatrogatos.

O libro Poemar o mar, do que é autor o escritor Antonio García Teijeiro, ilustrado por Xan López, está entre os vinte mellores libros en español do último ano, segundo a selección literaria da Fundación Cuatrogatos, que concede premios anuais ás mellores obras. O libro gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2017 e está publicado por Xerais na colección Merlín.

Un excelente testemuño do que a poesía para nenos pode chegar a dar de si: Juan Senís escribe no blog Dulce Pepinillo sobre «Poemar o mar», de Antonio García Teijeiro

O blog Versos e Aloumiños recolle unha entrada doutro blog literario, Dulce Pepinillo, do escritor asturiano Juan Senís, sobre Poemar o mar, de Antonio García Teijeiro.   De cando en vez, un atopa en internet cousas que lle producen unha grande alegría. Isto ocorreu hai uns días cunha crítica a fondo do meu poemario Poemar o mar.

«Ledicia e Antonio, Vigueses Distinguidos», por Manuel Bragado

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou no Faro de Vigo un artigo sobre o nomeamento da escritora Ledicia Costas e do poeta Antonio García Teijeiro, como vigueses distinguidos.

A escritora Ledicia Costas e o poeta Antonio García Teijeiro serán nomeados vigueses distinguidos

O alcalde de Vigo acordou onte propoñer á escritora Ledicia Costas e ao poeta Antonio García Teijeiro, como vigueses distinguidos, proposta que será trasladada ao pleno do vindiero luns 26 de marzo.

O escritor Antonio García Teijeiro participou con «Poemar o mar» nunha sesión de Espazo Lectura no Museo do Mar de Galicia

¡Este pasado sábado, o escritor Antonio García Teijeiro desprazouse ao Museo do Mar de Galicia, en Vigo, para participar na sesión do Club de Lectura Lendo Contigo que Espazo Lectura organizou arredor do libro Poemar o mar, que foi Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017.

Unha homenaxe escolar a Antonio García Teijeiro no ciclo de visitas aos centros de Faro de Vigo

O Faro de Vigo publicou unha reportaxe sobre outra visitas escolares do programa do xornal que realiza o escritor Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017 con Poemar o mar.  A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Antonio García Teijeiro: O home que fai poemas con sereas e gomas de borrar

O Faro de Vigo publicou unha reportaxe sobre as visitas escolares do programa do xornal que realiza o escritor Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017 con Poemar o mar.  A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Poemario delicado e intenso: «Poemar o mar», de Antonio García Teijeiro. Artigo de Xoán Carlos Domínguez Alberte

Sermos Galiza publicou un artigo de Xoán Carlos Domínguez Alberte sobre o libro Poemar o mar, do escritor Antonio García Teijeiro, que foi Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017.   Poemar o mar O escritor Antonio García Teixeiro recibe neste 2017 o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa obra Poemar o mar.

Antonio García Teijeiro participou nas «Tertúlias Literárias» de Gaia para falar da súa traxectoria

Alba Piñeiro publicou no blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre a presenza de Antonio García Teijeiro nas Tertúlias Literárias de Gaia.