Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: poemas_birollos_para_ler_cos_ollos

«Poemas birollos para ler cos ollos», de Fran Alonso, en Cada día un libro, da TVG

 O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, de Fran Alonso, ilustrado e deseñado polo propio autor. O programa pode verse nesta ligazón.

Magnífica proposta literaria que convida a xogar, a observar, a crear, a soñar: «Poemas birollos para ler cos ollos», de Fran Alonso. Recensión de Alba Piñeiro

Alba Piñeiro publicou no blog Versos e Aloumiños unha recensión sobre o libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, de Fran Alonso, ilustrado e deseñado polo propio autor.     «Poemas birollos para ler cos ollos», de Fran Alonso Edicións Xerais achégalles aos lectores infantís este suxestivo e atraente poemario da man de Fran Alonso.

O alumnado de Primaria do CEIP Manuel Sueiro elabora un video cunha canción a partir da poesía infantil de Fran Alonso

O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Manuel Sueiro de Ourense elaborou vídeo cunha canción composta a partir dos libros de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos e O meu gato é un poeta, de Fran Alonso.

Fran Alonso sorprende explorando as posibilidades da poesía, voz, música, novas tecnoloxías e imaxe: «Poemas birollos para ler cos ollos». Crítica de Isabel Mociño

El Correo Gallego publicou unha recensión crítica de Isabel Mociño sobreo libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, escrito e ilustrado por Fran Alonso. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Estímulos para os ollos: a compoñente lúdica do poético: «Poemas birollos para ler cos ollos», de Fran Alonso. Crítica na web da OEPLI

A web da OEPLI publicou unha recensión de Antía Marante sobre o libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, escrito e ilustrado por Fran Alonso.     «Poemas birollos para ler cos ollos», de Fran Alonso Poesía para niñas y niños de la mano de Fran Alonso, escritor gallego comprometido con el  acercamiento de este género al lectorado infantil y juvenil.

Achegar a poesía aos cativos con frescura e sen complexos: «Poemas birollos para ler cos ollos», de Fran Alonso. Na web de Botóns

A web de Botóns (Portal Galego de Educación) publicou unha información sobre o libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, escrito e ilustrado por Fran Alonso.

Presentación en Santiago de “Poemas birollos para ler cos ollos” de Fran Alonso

O sábado, 15 de outubro, ás 12:30 horas, na librería Cronopios, rúa Alfredo Brañas, 24, Baixo, de Santiago de Compostela,  terá lugar a presentación para público miúdo do libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos de Fran Alonso.

Presentación de “Poemas birollos para ler cos ollos” de Fran Alonso en Ourense

O venres, 7 de outubro, ás 18:30 horas, na librería Espacio Lector Nobel, rúa da Concordia, 8,  Ourense, terá lugar a presentación para público miúdo do libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, publicado por Xerais, e do libro de contos Contos nerviosos, publicado por Embora, de Fran Alonso. O espectáculo infantil estará a cargo de Fran Alonso e Xela Alonso.

Presentación de “Poemas birollos para ler cos ollos” e “Contos nerviosos” de Fran Alonso nun espectáculo infantil na Coruña

O sábado, 1 de outubro, ás 12:30 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés, 35, A Coruña, terá lugar a presentación para público miúdo do libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, publicado por Xerais, e do libro de contos Contos nerviosos, publicado por Embora, de Fran Alonso. O espectáculo infantil estará a cargo de Fran Alonso e Xela Alonso e presentará o editor Miguel Toval.

Achegar a poesía de forma lúdica: un agasallo para nenos e nenas: «Poemas birollos para ler cos ollos», de Fran Alonso. Crítica de X. M. Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre o libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, escrito e ilustrado por Fran Alonso.

20 páxinas de «Poemas birollos para ler cos ollos», de Fran Alonso, en ISSU

Na páxina web do escritor Fran Alonso poden verse e lerse, través de ISSU, vinte páxinas do seu libro de poesía infantil  Poemas birollos para ler cos ollos, que el mesmo escribiu e ilustrou.

Poesía divertida, plástica, imaxinativa, musical e novidosa: «Poemas birollos para ler cos ollos», de Fran Alonso. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou as páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica do libro infantil Poemas birollos para ler cos ollos, escrito e ilustrado por Fran Alonso. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.