Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: poesía

Bases da XXII edición do Premio de Poesía Johán Carballeira, que publica Xerais

  O Concello de Bueu convocou a XXII edición do Premio de Poesía Johán Carballeira, que publica Xerais. Admiten orixinais ata o 31 de xaneiro de 2019. Obxecto: Co ánimo de contribuír a fomentar a poesía escrita en lingua galega, o Concello de Bueu impulsa o XXII Premio de Poesía Johán Carballeira, que ten tamén por obxectivo o de homenaxear e dar a coñecer a figura do bueués Johán Carballeira. 1.

Daniel Asorey, premio Johán Carballeira de Poesía por «Transmatria»

O escritor Daniel Asorey (Santiago de Compostela, 1970) é o gañador da XXI edición do premio Johán Carballeira de Poesía pola súa obra Transmatria, que será editada por Xerais na súa colección de poesía. Este premio está organizado polo Concello de Bueu e nesta edición o seu xurado estivo presidido por María Reimóndez, gañadora da edición anterior polo seu libro de poemas Galicia en bus.

Unha visión da Galicia de hoxe en día desde unha perspectiva feminista: «Galicia en bus», de María Reimóndez. Crítica de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro de poemas de María Reimóndez Galicia en bus. Recensión: María Reimóndez, «Galicia en bus» Cando coñecín que María Reimóndez gañara o XX Premio de Poesía Johán Carballeira non foi unha sorpresa para min dado o seu talento para a palabra, e os versos en concreto.

Lectura de «Culpable», de Eli Ríos», na voz de Amelia García

 O programa Chamando á terra, da Radio Galega emitiu unha lectura, a cargo de Amelia García, dun poema do libro Culpable, de Eli Ríos, IV Premio de Poesía López Abente 2017.  A lectura pode escoitarse nesta ligazón.

Un discurso autoconsciente: «Culpable», de Eli Ríos». Crítica de Román Raña

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Román Raña sobre o libro de poemas Culpable, de Eli Ríos, IV Premio de Poesía López Abente 2017. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Unha ollada limpa, honesta, comprometida: «Long Play», de Lois Pérez. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre o libro de poemas Long Play, de Lois Pérez. «Long Play», de Lois Pérez Tras poucos meses nas librarías Long Play, de Lois Pérez, acadou xa unha segunda edición, o que sempre supón unha moi feliz noticia. Tras achegarme ao libro non resulta de estrañar por moitas razóns.

Melancolía, indignación e rebeldía: «Long Play», de Lois Pérez. Crítica de Román Raña

 O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Román Raña sobre o libro de poemas Long Play, de Lois Pérez. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

A arquitectura poética das abellas: «O cuarto das abellas», de Antía Otero. Crítica de Alba Cid

O programa Chamando á terra, da Radio Galega, emitiu unha opinión crítica de Alba Cid sobre o libro de poemas O cuarto das abellas, de Antía Otero, así como outro de Elvira Riveiro. A crítica pode escoitarse nesta ligazón.

Chus Pato: «O Premio Mondoñedo 10 é xa o Nobel da literatura galega»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha información de María Cuadrado sobre a entrega do Premio Mondoñedo 10 á poeta Chus Pato, polo seu libro Hordas de escritura,   Chus Pato: «O Premio Mondoñedo 10 é xa o Nobel da literatura galega» La escritora recibió ayer el galardón en la jornada final de las fiestas de As San Lucas Cita especial con la música, la cultura y la poesía en el último día de As San Lucas.

«Hordas de escritura», de Chus Pato, Premio Mondoñedo 10 ao mellor libro de poesía da última década

O libro Hordas de escritura, de Chus Pato, publicado por Xerais en 2008, recibiu o Premio Mondoñedo 10 ao mellor libro de poesía da última década.

Bases da XXI edición do Premio de Poesía Johán Carballeira, que publica Xerais

O Concello de Bueu convocou a XXI edición do Premio de Poesía Johán Carballeira, que publica Xerais. Admiten orixinais ata o 16 de xaneiro de 2018. As bases poden descargarse nesta ligazón.

Bases da VI edición do Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey, que publica Xerais

O Concello de Fornelo de Montes e a Asociación de Veciños O Cruceiro da Laxe publicaron as bases da VI edición do Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey, que publica Xerais.