Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: poesía_completa

A literatura galega ábrese paso en Bulgaria

La Voz de Galicia publicou unha reportaxe de Xesús Fraga sobre a publicación de varios títulos de literatura galega en Bulgaria, en Small Stations Press, o selo de Jonathan Dunne, entre eles a Poesía completa de Lois Pereiro, O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas e Aire Negro, de Agustín Fernández Paz. Reproducimos a portada de Aire negro.

Valentín Paz-Andrade asina a obra máis extensa da poesía en galego na Guerra Civil española

Faro de Vigo publicou unha reportaxe de Mar Mato sobre a presentación Poesía Completa de Valentín Paz-Andrade en edición de Gregorio Ferreiro Fente (Fotografía de Rodrigo Otero / Faro de Vigo).

Presentación en Vigo de “Poesía Completa” de Valentín Paz-Andrade

O mércores, 28 de novembro, ás 20,00 horas, na Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 27 de Vigo, terá lugar a presentación do libro Poesía Completa de Valentín Paz-Andrade en edición de Gregorio Ferreiro Fente. No acto participarán, Gregorio Ferreiro Fente, Xesús Alonso Montero, Alfonso Paz Andrade e Manuel Bragado.

«Poesía completa»: medio século de historia poética a través dos versos de Valentín Paz Andrade

Faro de Vigo publica hoxe unha información sobre a presentación en Compostela da Poesía completa de Valentín Paz Andrade, volume que incñue sete libros inéditos.     La “Poesía completa” de Paz Andrade recopila nueve libros inéditos Los poemarios recogidos muestran la vocación poética del autor a lo largo de medio siglo – Gregorio Ferreiro se encargó de la edición E.

Presentación de “Poesía completa” de Valentín Paz Andrade en Compostela

O mércores, 10 de outubro, ás 19:00 horas, terá lugar a presentación de Poesía completa de Valentín Paz-Andrade en edición de Gregorio Ferreiro Fente. O acto, no que participarán Rosario Álvarez, Xesús Alonso Montero, Gregorio Ferreiro Fente e Manuel Bragado, terá lugar no Consello da Cultura Galega, Pazo de Raxoi, 2º andar, Praza do Obradoiro de Santiago.

«Os fillos do mar», de Pedro Feijoo, e «15.724», de Xesús Constela, en Que Leer. Crítica de Ramón Nicolás

A revista Que Leer publica a crónica de Ramón Nicolás onde repasa algunha das últimas novidades de Xerais, con antención especial a Os fillos do mar de Pedro Feijoo;  15.724,  de Xesús Constela; e Poesía completa de Valentín Paz Andrade.

«Poesía completa» de Valentín Paz-Andrade. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

O crítico Manuel Rodríguez Alonso publica unha recensión en Galicia Confidencial sobre sobre a Poesía completa de Valentín Paz Andrade.     A Poesía completa de Paz-Andrade Co gallo da dedicación do Día das Letras a Paz-Andrade a editorial Xerais publica esta edición da súa poesía completa, ao coidado do filólogo Gregorio Ferreiro Fente. No prólogo o editor sitúa adecuadamente a obra de Paz-Andrade.

Iceberg poético: «Poesía completa», de Valentín Paz Andrade. Crítica de Armando Requeixo

Iceberg poético: «Poesía completa», de Valentín Paz Andrade. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publica no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, e en La Opinión, unha recensión crítica sobre a Poesía completa de Valentín Paz Andrade.

A «Poesía completa» de Valentín Paz Andrade. Artigo de Gregorio Ferreiro Fente

A «Poesía completa» de Valentín Paz Andrade. Artigo de Gregorio Ferreiro Fente

Gregorio Ferreiro Fente, editor da Poesía completa de Valentín Paz Andrade. publicou onte en Faro de Vigo e La Opinión un artigo sobre a poesía de Valentín Paz Andrade (pode lerse completo aquí) no que tamén falaba especificamente da edición da Poesía completa.

«Valentín Paz-Andrade: ¡poeta!», por Xesús Alonso Montero. Artigo sobre a «Poesía completa»

«Valentín Paz-Andrade: ¡poeta!», por Xesús Alonso Montero. Artigo sobre a «Poesía completa»

O profesor Xesús Alonso Montero publicou en La Voz de Galicia un artigo literario no que valora a aparición da Poesía completa de Valentín Paz Andrade.   Valentín Paz-Andrade: ¡poeta! Antonte tiven o privilexio de ler a Poesía completa de don Valentín, a quen homenaxearemos, coas gabanzas debidas, o 17, día maior da República das Letras Galegas.

A tarefa de Valentín Paz Andrade. Crítica de Ramón Nicolás

A tarefa de Valentín Paz Andrade. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou nas páxinas do suplemento Culturas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre algúns dos libros de ou sobre Valentín Paz Andrade publicados por Xerais.

A «Poesía completa», un renacemento para Valentín Paz Andrade

A «Poesía completa», un renacemento para Valentín Paz Andrade

Manuel Bragado, director de Xerais, comenta en Brétemas a chegada da imprenta da Poesía completa de Valentín Paz Andrade e a importancia que ten a publicación deste libro.   A poesía de Valentín Chegaron os primeiros exemplares da Poesía completa de Valentín Paz Andrade, un groso volume (752 páxinas), preparado por Gregorio Ferreiro Fente, que triplica a obra poética publicada de Valentín.