Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: poesía_galega_completa

Celso Emilio Ferreiro: «A noite e a pedra como símbolos», por Manuel Rodríguez Alonso

Celso Emilio Ferreiro: «A noite e a pedra como símbolos», por Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha nova recensión crítica sobre a obra de Celso Emilio Ferreiro a partir de Longa noite de pedra.   A noite e a pedra como símbolos              O poema Longa noite de pedra artículase arredor de dous símbolos, que son a noite e mais a pedra.

«Longa noite de pedra» no seu tempo, por Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro.

Celso Emilio Ferreiro, unha obra en seis libros, por Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento Culturas, de La Voz de Galicia estas recensións dos libros de Celso Emilio Ferreiro.   Celso Emilio Ferreiro, unha obra en seis libros O soño sulagado (1954) Primeiro libro en lingua galega  tras o clandestino Voz y voto.

Literatura Galega 2009, panorámica de Luciano Rodríguez en «Ínsula»

Luciano Rodríguez publica na revista Ínsula (páxinas 23-25 do número do mes de xuño) unha completa panorama do que foi a literatura galega no pasado ano 2009. Entre os títulos recomendados no eido da Narrativa, Luciano Rodríguez destaca algúns publicados por Xerais como Monte Louro de Luís Rei Núñez, A vida do outro de Carlos G.

Cabanillas revisado

Os catedráticos Xosé R. Pena e Xosé María Dobarro foron os responsables dun proxecto necesario que felizmente se levou a bo termo como é a compilación e ordenación do inxente material poético que Ramón Cabanillas foi ofrecendo ao longo da súa vida.

«O fracaso dun éxito», retrato de Ramón Cabanillas

Suso de Toro publica hoxe nas páxinas de «Luces» de El País Galicia, baixo o título «O fracaso dun éxito», un retrato literario da figura de Ramón Cabanillas. Un texto que continúa a liña dos moitos traballos publicados con motivo do cincuentenario do pasamento do poeta da raza e da publicación da súa Poesía galega completa por Xerais no pasado mes de novembro.

«Vento de Cabanillas», crítica sobre a edición da «Poesía galega completa» do poeta da raza

Que Ramón Cabanillas é un dos poetas de raza e de refencia da poesía e da literatura galega ninguén o pon en dúbida, así como que foi o herdeiro e continuador natural das tres senlleiras figuras das nosas letras: Rosalía, Curros e Pondal, pois conseguiu darlle continuidade ao Rexurdimento do XIX, que deixara un baleiro, sen imitalo e conectado coas correntes europeas da época.

Xosé Ramón Pena: «Cabanillas, xunto con Manuel Antonio, é o grande renovador da lírica galega do século XX»

Lucía Seoane entrevista a Xosé Ramón Pena en Faro de Vigo con motivo da edición da Poesía galega completa de Ramón Cabanillas.

«Poesía galega completa» de Ramón Cabanillas, presentación nas xornadas do Pen Club

Coincidindo coa celebración en Cambados das Xornadas literarias «Ramón Cabanillas, a modernidade na poesía galega», organizadas polo Pen Club Galicia, o sábado 28 de novembro, o editor Manuel Bragado presentou o volume Poesía galega completa de Ramón Cabanillas, preparado polos catedráticos Xosé María Dobarro e Xosé Ramón Pena.

Ramón Cabanillas, 50 aniversario: «Poesía galega completa»

Mañá, 9 de novembro, cúmprese o 50 cabodano do pasamento do poeta Ramón Cabanillas. Con este motivo, Xerais anuncia a próxima aparición, tras varios anos de traballo, da Poesía galega completa de Ramón Cabanillas, un volume de 1.032 páxinas preparado polos catedráticos  Xosé Ramón Pena e Xosé María Dobarro.