Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: poesía_infantil

Un disco fermoso e persoal: «Cousas de papá», de Raúl Gómez Pato e Héctor Lorenzo. Crítica de Uxía

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Uxía sobre libro-disco de música e poesía infantil Cousas de papá, de Raúl Gómez Pato cos poemas musicados por Héctor Lorenzo Piñeiro e ilustracións de Blanca Barrio. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «Cousas de papá», de Raúl Gómez Pato é un álbum de poesía infantil musicado por Héctor Lorenzo e ilustrado por Blanca Barrio

Cousas de papá, é un libro de poesía infantil de Raúl Gómez Pato cos poemas musicados por Héctor Lorenzo Piñeiro nun CD que inclúe o libro e ilustrado por Blanca Barrio. Esta é a historia dun pai e dunha nena… Non, mellor non… Esta é a historia dun pai e dun neno… Tampouco… Esta non é ningunha historia.

Presentación de “Poemas birollos para ler cos ollos” e “Contos nerviosos” de Fran Alonso nun espectáculo infantil na Coruña

O sábado, 1 de outubro, ás 12:30 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés, 35, A Coruña, terá lugar a presentación para público miúdo do libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, publicado por Xerais, e do libro de contos Contos nerviosos, publicado por Embora, de Fran Alonso. O espectáculo infantil estará a cargo de Fran Alonso e Xela Alonso e presentará o editor Miguel Toval.

Achegar a poesía de forma lúdica: un agasallo para nenos e nenas: «Poemas birollos para ler cos ollos», de Fran Alonso. Crítica de X. M. Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre o libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, escrito e ilustrado por Fran Alonso.

20 páxinas de «Poemas birollos para ler cos ollos», de Fran Alonso, en ISSU

Na páxina web do escritor Fran Alonso poden verse e lerse, través de ISSU, vinte páxinas do seu libro de poesía infantil  Poemas birollos para ler cos ollos, que el mesmo escribiu e ilustrou.

Poesía divertida, plástica, imaxinativa, musical e novidosa: «Poemas birollos para ler cos ollos», de Fran Alonso. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou as páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica do libro infantil Poemas birollos para ler cos ollos, escrito e ilustrado por Fran Alonso. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Proposta sorprendente, que moderniza: «Poemas birollos para ler cos ollos», de Fran Alonso. Por Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha recensión crítica sobre o libro  de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, de Fran Alonso, ilustrado e deseñado polo propio autor.

Poesía infantil sorprendente e visualmente arrebatadora: «Poemas birollos para ler cos ollos», de Fran Alonso. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, escrito e ilustrado por Fran Alonso.     Sorprendente e irreverente  Non é de estrañar o posto cimeiro, e penso tamén no ámbito peninsular, que Fran Alonso ocupa no eido da sempre difícil poesía infantil.

La Voz de Galicia recomenda lecturas para o verán: «Axente riciños», «Poemas birollos para ler cos ollos» e «Europa Express»

O xornal La Voz de Galicia recomenda, nunha reportaxe de Ana Abelenda titulada Un verán ao sol dos mellores libros, tres libros de literatura infantil e xuvenil de Xerais entre as lecturas estivais: o álbum ilustrado Axente riciños, de El Hematocrítico; o libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, de Fran Alonso; e a novela Europa Express, de Andrea Maceiras.   Axente Riciños El Hematocrítico.

Un agasallo que sorprende: «Poemas birollos para ler cos ollos», de Fran Alonso. Anotación en Brabádegos

A web de literatura infantil e xuvenil Brabádegos publicou na súa páxina de Facebook unha valoración sobre o libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, escrito e ilustrado por Fran Alonso.

Poesía infantil adictiva: «Poemas birollos para ler cos ollos», de Fran Alonso. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, escrito e ilustrado por Fran Alonso.

Novidade: «Poemas birollos para ler cos ollos», escrito e ilustrado por Fran Alonso. Ler un poema coma quen ve un cadro

Poemas birollos para ler cos ollos, escrito e ilustrado por Fran Alonso, é unha novidade de poesía infantil para primeiros/as lectores/as da colección Sopa de Libros Poemas birollos para ler cos ollos é un libro de poesía infantil que parte dunha concepción lúdica, divertida e transgresora da poesía. Os poemas nacen de dúas fontes fundamentais: a poesía visual e a oralidade.