Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: polaroid

Os 60 anos de Suso de Toro

Tanto o blog Horchata en vena como Brétemas recollen a nova do 60 aniversario do escritor Suso de Toro, nacido en xaneiro de 1956, a quen, desde Xerais, lle damos os nosos parabéns. No blog Horchata en vena, de Rubén Reiriz Polo, compártense algunhas revelacións biográficas do escritor: «’O meu folklore familiar era froito do desarraigo. Tiña vocación de éxito’. Fillo de emigrantes. O pai veu dunha aldea de Zamora.

«Polaroid», de Suso de Toro, unha obra inspidade pola cultura punk, en inglés. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a tradución ao inglés de Polaroid de Suso de Toro.   «Polaroid» de Suso de Toro en inglés Soubemos onte da recensión publicada en Winstonsdad’s blog sobre a tradución ao inglés de Polaroid de Suso de Toro realizada por Jonathan Dunne e publicada por Small Stations.

«Polaroid» by Suso De Toro. Crítica en Winstonsdad’s Blog da tradución ao inglés

O blog británico Winstonsdad’s Blog publica unha recensión crítica da tradución ao inglés de Polaroid de Suso de Toro, un dos libros referencias da literatura galega. O libro de Suso de Toro foi traducido a esa lingua por Jonathan Dunne e publicado por Small Stations Press.     Polaroid by Suso De Toro We were strangers. We were strangers, for way too long, for way too long, We were strangers, for way too long.

Os libros de Suso de Toro: opinións dos estudantes do IES de Silleda

Gracia Santorum publicou en As estelas dos ronseis máis de 70 opinións dos seus alumnos e alumnas sobre diversos libros de Suso de Toro lidos ao longo dun trimestre. As opinións dos/as estudantes poden lerse neste enlace.

“Polaroid” de Suso de Toro ten película

A curta Polaroid dirixida por Chema Montero e interpretada por Aser Alonso estréase o venres, 1 de novembro na páxina web Filmin. A película está baseada na novela Polaroid de Suso de Toro publicada por Xerais en 1986. A publicación desta novela supuxo un fito na literatura galega moderna e provocou un decidido cambio  de rumbo narrativo. Polaroid recibiu o Premio da Crítica Galicia en 1987.

Emilio Alonso, con «Vigo a 80 revolucións por minuto» e Suso de Toro, con «Polaroid» no Eirado da TVG

Reproducimos o programa do Eirado, presentado por Pemón Bouzas, que contén unha entrevista con Emilio Alonso, centrada no seu libro Vigo a 80 revolucións por minuto. Na segunda parte do programa (minuto 37:12) a entrevista é con Suso de Toro, centrada nos 25 anos da publicación de Polaroid.

«Polaroid», de Suso de Toro: cando a innovación xa é un clásico. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre os 25 anos da publicación de Polaroid, de Suso de Toro. A innovación xa é un clásico Cúmprense agora vinte e cinco anos da publicación de Polaroid. A obra foi recibida daquela por moitos críticos como unha innovación na literatura galega. Ben é certo que houbo voces en contra, mais a opinión caeu máis do lado das gabanzas.

Entrevista con Suso de Toro: «O discurso ideolóxico que está na Apoteose do churrasco asínoo hoxe»

Cultura Galega.org publicou unha ampla entrevista con Suso de Toro a raíz dos 25 anos da publicación de Polaroid. REPASAMOS O IMPACTO DE POLAROID NOS 25 ANOS DESTA OBRA Suso de Toro: «Se quixese retratar hoxe o meu país non o faría mellor» Hai xa un cuarto de século a segunda obra dun escritor novo revolucionaba a crítica e a narrativa galega.

Os 25 anos de «Polaroid», de Suso de Toro. Artigo de Manuel Bragado

Manuel Bragado publicou en Faro de Vigo un artigo sobre a celebración dos 25 anos da publicación de Polaroid de Suso de Toro. Polaroid 25 Hai algúns libros e autores marcantes, capaces de permanecer e de representar as preocupacións ou o imaxinario colectivo dun tempo.

Meteorito «Polaroid», reportaxe de Daniel Salgado sobre o libro máis emblemático de Suso de Toro

Daniel Salgado publicou en El País unha reportaxe sobre os 25 anos da publicación de Polaroid, o libro máis emblemático de Suso de Toro. Meteorito ‘Polaroid’ Hai 25 anos que a novela de De Toro irrompeu na paisaxe literaria – Irreverente, violenta e singular, escritores de todas as xeracións asumen a súa importancia As augas baixaban tranquilas polo río da narrativa galega en 1986.

Onde se meteron? Artigo de Jaureguizar sobre Suso de Toro e Manuel Rivas

Jaureguizar cabrodou n o seu artigo de opinión desta fin de semana en El Progreso os 25 anos de Polaroid e os incios de Suso de Toro e Manuel Rivas. Onde se meteron? Suso de Toro ten morriña de si mesmo hai 25 anos. Co gallo da feliz exhumación de ‘Polaroid’ (Xerais) polo seu cuarto de século recoñeceu que sinte envexa daquel autor que o escribiu, nunca terei a graza que el tiña. A sentenza é parricidamente certa.

«Polaroid tiña vontade de intervir na sociedade», di Suso de Toro. Reportaxe de Óscar Iglesias

O pasado xoves celebrouse o acto dos 25 anos da publicación de Polaroid de Suso de Toro. Óscar Iglesias publicou esta reportaxe en El País. «O discurso dos ‘kamikazes’ pode ser desesperado, nunca nihilista» ‘Polaroid’ tiña vontade “de intervir na sociedade”, di Suso de Toro.