Publicado o 11 Xuño, 2009 nas categorías Autores, Homenaxes, Noticias, Poesía, Presentacións, Universitaria
Con motivo do centenario do nacemento de Aquilino Iglesia Alvariño (Seivane, Abadín, 12 de xuño 1909) Xerais publica a monografía O po dos días. Introdución temática á poesía de Aquilino Iglesia Alvariño do profesor Luciano Rodríguez Gómez.
Ler máis →
Publicado o 21 Febreiro, 2009 nas categorías Infantil, Xerais_nos_medios
María Navarro publica no «Faro da Cultura» do 19 de febreiro unha crítica sobre Mariquiña a carteira andoriña, o libro de Mau e Pin, primeiro título da colección «Polo correo do vento». Reproducimos o texto:
Da man de Edicións Xerais de Galicia chega Mariquiña a andoriña, unha carteira ben singular que percorre Galica entregándolles correspondencia a outros iguais.
Ler máis →
Publicado o 21 Outubro, 2008 nas categorías Infantil, Noticias
Esta semana chegan ás librarías os tres primeiros títulos de «Polo correo do vento», unha nova colección de non ficción destinada a primeiros lectores. Preparada por Mau e Pin, cada libro está concibido para inicialos no coñecemento da natureza galega e doutros temas relacionados coa cultura de noso, ademais de facer moito fincapé na onomástica galega.
Cada un dos libros conta con trinta dúas páxinas a toda cor.
Ler máis →