Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: poñente

Xerais na Feira do Libro de Vigo

Do venres, 29 de xuño ao domingo, 8 de xullo terá lugar, na Praza de Compostela,  a Feira do Libro de Vigo, 2012 na que Xerais participa cos seguintes actos: Día 2 luns 20:00 h.: Presentación de En vías de extinción de María Reimóndez. Intervirán Michael Skinner, Manuel Bragado e María Reimóndez. 21:00 h.: Presentación de A derrota de Galicia de Antón Baamonde. Intervirán Manuel Bragado e Antón Baamonde.

Marcos Calveiro e Pere Tobaruel falaron de como constrúen a novela histórica

Marcos Calveiro e Pere Tobaruel falaron de como constrúen a novela histórica

Reproducimos a reportaxe de Montse Dopico en Dioivo sobre a mesa redonda de onte na Feira do Libro de Santiago, organizada por RedeLibros onde participaron Marcos Calveiro (Settecento), Pere Tobaruela (Poñente ) e Fran Zabaleta (Medievalario).   A novela histórica, testemuña da utopía cotiá Venecia é un labirinto. Unha maraña por terra, mar e aire.

Xerais na Feira do Libro de Santiago

A FEIRA DO LIBRO DE SANTIAGO e EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA comprácense en convidalo/a aos seguintes actos: Día 1 martes, 20:00 horas: Mesa redonda, organizada por REDELIBROS, “Os segredos da novela histórica” coa participación de Marcos Calveiro (Settecento), Pere Tobaruela (Poñente) e Fran Zabaleta (Medievalario). Día 2 mércores, 19:00 horas: Presentación de O silencio de Mario Regueira.

Presentación da novela “Poñente” de Pere Tobaruela en Barcelona

Presentación da novela “Poñente” de Pere Tobaruela en Barcelona

  Con motivo da festividade do Sant Jordi, 2012, Xerais e a Galería Sargadelos de Barcelona, organizan o acto de presentación da novela Poñente de Pere Tobaruela. O acto, que contará coa participación de Helena González (Professora de la Universitat de Barcelona) e Pere Tobaruela, terá lugar o venres, 20 de abril, ás 20:00 horas na Galería Sargadelos, Provença, 276 de Barcelona.

Mesa redonda sobre “Os segredos da novela histórica”

Mesa redonda sobre “Os segredos da novela histórica”

O venres 16 de marzo, na Libraría Paz de Pontevedra, convidámosvos á unha incursión na novela histórica: Os segredos da novela histórica Coa participación de: Marcos Calveiro (Settecento), Pere Tobaruela (Poñente) e Fran Zabaleta (Medievalario). Queremos que sexa unha oportunidade para falar sobre a novela histórica escrita en Galiza e sobre os procesos de creación.

De Cataluña ao Barbanza: «Poñente», de Pere Tobaruela

De Cataluña ao Barbanza: «Poñente», de Pere Tobaruela

A edición do Barbanza de La Voz de Galicia publicou unha información de Moncho Ares sobre a presentación de Poñente, de Pere Tobaruela, en Rianxo. Torabuela explota o nexo histórico entre Cataluña e Barbanza A Asociación Cultural Barbantia adoita empezar o ano con forza. Normalmente fai coincidir a súa asemblea xeral cun encontro potente, e o de antonte non foi unha excepción.

Presentación en Rianxo de “Poñente”

O venres, 27 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Rianxo, rúa Autores da Rianxeira, s/nº no Parque de Galicia de Rianxo, terá lugar a presentación da novela Poñente de Pere Tobaruela. No acto, organizado pola Asociación Barbantia e Xerais, participarán Xesús Laíño, Carlos Mosteiro, Ana Isabel Boullón, Manuel Bragado e Pere Tobaruela.

«Poñente», de Pere Tobaruela, en Radiofusión: da Pobra do Caramiñal a Mugardos

«Poñente», de Pere Tobaruela, en Radiofusión: da Pobra do Caramiñal a Mugardos

A web de Radiofusión publica unha información sobre  Poñente, de Pere Tobaruela.     Da Pobra do Caramiñal a Mugardos “Os cataláns mercaron terreos grandes, as mellores propiedades. Aos mariñeiros e aos seus empregados pagábanlles unha miseria, así podían facer negocio. Pouco a pouco foron perfeccionando os métodos de salga. Tamén adquiriron equipos, prensas. Daquela o negocio colleu folgos.

O domingo de Xerais no Culturgal

Tras o éxito rotundo dos actos organizados onte sábado en Culturgal, Xerais preparou para esta derradeira xornada do Culturgal 20011 o seguinte programa de actos: Domingo 4  12:00 h.: Conversa con Jacobo Fdez Serrano sobre a novela gráfica Lois Pereiro. Breve encontro e Mil cousas poden pasar I e II. No Salón. Entrevistado por Xesús Fraga.  13:15 h.

A destreza do narrador de «Poñente»: Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre a novela de Pere Tobaruela

Xosé Manuel Eyré publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre Poñente, de Pere Tobaruela.   A novela da salga e dos fomentadores A obra desta semana e ‘Poñente’ de Pere Tobaruela, unha obra editada por Xerais e traducida por Ana Boullón.

«A razón do meu libro é explicar a presenza dos cataláns en Galicia». Entrevista sobre Poñente con Pere Tobaruela

La Voz de Galicia, na súa edición compostelana, publica unha entrevista de M.

Os cataláns e nós. Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Poñente», de Pere Tobaruela

O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Poñente, de Pere Tobaruela. Os cataláns e nós Identidades contra a desmemoria Poñente é unha novela sobre identidades, pero tamén contra a desmemoria.