Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: pontevedra

Vídeo do IES Sánchez Cantón sobre un roteiro literario que rematou cun encontro con Fran Alonso nunha terraza de Pontevedra

Un encontro co escritor Fran Alonso na terraza do Café Blanco y Negro de Pontevedra, que incluíu un recital do seu libro de poemas  Terraza, constituíu o punto final dun roteiro literario pola cidade que o profesorado do IES Sánchez Cantón organizou co alumnado de 4º da ESO dentro do proxecto «Rúas literarias en Pontevedra». O IES Sánchez Cantón publicou un vídeo do encontro co escritor na terraza do café.

As estratexias represivas do franquismo: «Medo político e control social na retagarda franquista» de Lucio Martínez Pereda. Crítica de Alfredo Iglesias

Alfredo Iglesias Diéguez publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre o libro Medo político e control social na retagarda franquista, de  Lucio Martínez Pereda. A recensión crítica pode lerse ou descargase en pdf nesta ligazón.

Debate sobre a represión silenciosa a partir de «Medo político e control social na retagarda franquista» de Lucio Martínez Pereda

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de Medo político e control social na retagarda franquista, de  Lucio Martínez Pereda.

María Reimóndez, Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas, premiadas na Noite da Edición

O pasado venres celebrouse no Pazo da Cultura de Pontevedra a Noite da Edición 2015 durante a que se entregaron os premios aos mellores libros do pasado ano, outorgados polos membros da Asociación Galega de Editores. As obras premiadas poden consultarse nas publicacións de diversos medios de comunicación ou nesta ligazónda Asociación Galega de Editores.

Un gran debate sobre novela negra

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o encontro que congregou no IES Torrente Ballester de Pontevedra  ao escritores Dolores Redondo, Domingo Villar e Pedro Feijoo, moderados por Ramón Rozas. Pedro Feijoo tamén publicou no seu blog unha valoración sobre o acto.

Agustín Fernández Paz: «A medida que vou cumprindo anos máis convencido estou de que nesta vida o único que importa é o amor»

Xa pode escoitarse na páxina web de Onda Cero a entrevista que a xornalista Susana Pedreira mantivo con Agustín Fernández Paz na libraría Cronopios de Pontevedra sobre a súa nova novela, A viaxe de Gagarin.

Agustín Fernández Paz: «As feridas esquécense cando están limpas e curadas». Entrevista de Susana Pedreira na libraría Cronopios

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación sobre a entrevista a que a xornalista de Onda Cero Susana Pedreira mantivo no serán de onte con Agustín Fernández Paz na libraría Cronopios de Pontevedra.     Agustín en Cronopios Gran entrevista a que a xornalista de Onda Cero Susana Pedreira mantivo no serán de onte con Agustín Fernández Paz.

Xosé Álvarez Castro: «É inxustificable que no século XXI teñamos mortos nas cunetas». Entrevista sobre «Pontevedra nos anos do medo»

Faro de Vigo publica unha entrevista de Susana Regueira a Xosé Álvarez Castro, autor de  Pontevedra nos anos do medo.

A AGAXET recoñece o «Abecedario das mantenzas», de Fausto Galdo

A web Galicia Gastronómica recolle unha información sobre o recoñecemento, a título póstumo, que recibiu o  libro Abecedario das mantenzas, de Fausto Galdo, a cargo da Asociación de Escritores e Xornalistas de Gastronomía e Turismo nunha galega celebrada en Pontevedra.

María Reimóndez organiza un concurso en Twitter arredor a súa novela «En vías de extinción»

A escritora María Reimóndez organiza un concurso en Twitter arredor a súa novela En vías de extinción, que se presentará en Pontevedra o vindeiro 15 de novembro. Reproducimos a información da web do libro.     Presentación en Pontevedra de «En vías de extinción»: sorpresa saborosa e sorteo en Twitter O vindeiro xoves 15 de novembro, ás 20.

«No país das vacas», de Xurxo Lobato, en Pontevedra

Xurxo Lobato inaugurou onte en Pontevedra a exposición No país das vacas, baseada nas fotografías do libro homónimo publicado por Xerais. Publica a información o Diario de Pontevedra.

Volve á actualidade «A gaita gallega», de Xoán Manuel Pintos, co bicentenario do autor, que se celebrará durante todo o ano en Pontevedra

O xornal El País informa hoxe, en noticia asinada por Víctor Honorato, do bicentenario de Xoán Manuel Pintos, ao cumprírense 200  anos do seu nacemento (Pontevedra, 1811 – Vigo, 1876). Xoán Manuel Pintos foi un dos máis importantes precursores do Rexurdimento e a súa obra transcendeu grazas á publicación de A gaita gallega (1853).