Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: portas_ártabras

Presentación na Coruña de “A gran travesía de Chiruca Macallás” de Xurxo Souto

O mércores 31 de outubro de 2018 ás 20,00 horas, en Portas Ártabras, Rúa Sinagoga, 22, A Coruña, terá lugar a presentación do libro A gran travesía de Chiruca Macallás de Xurxo Souto. No acto participarán Mercedes Peón, Felipe Senén e Xurxo Souto.

Presentación na Coruña de “Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía” de X. Luís Axeitos

O xoves, 16 de novembro de 2017, ás 20,00 horas en Portas Ártabras, rúa Sinagoga, 22, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía  de Xosé Luís Axeitos. No acto acompañarán ao autor Pilar García Negro, Manuel Pazos Riveiro, Ángel Vázquez de la Cruz e Manuel Bragado.

Presentación de “A elegancia do século” de Pura Tejelo na Coruña

O xoves, 30 de marzo, 2017, ás 20,00 horas, en Portas Ártabras, Rúa Sinagoga, 22, A Coruña, terá lugar a presentación do libro A elegancia do século de Pura Tejelo, Premio Johán Carballeira, 2016. No acto intervirán Xulio Valcárcel, Rosa G. Vilariño, Manuel Bragado e o autora que realizará un recital poético-musical acompañada da acordeonista Sabela Caamaño.

Dúas tramas nunha novela rica: «A antesala luminosa», de Antonio Tizón. Texto de Rosalía Cotelo

Reproducimos a intervención de Rosalía Cotelo sobre a novela A antesala luminosa, de Antonio Tizón, na presentación de onte na Coruña.   A antesala luminosa é unha novela que desborda xéneros e expectativas, como a luz desborda unha estancia ou o líquido desborda un vaso. Nese desbordamento non hai desmesura, senón a promesa dunha riqueza temática e literaria que invita a seguir lendo.

Presentación de “A antesala luminosa” de Antonio Tizón na Coruña

O mércores, 4 de febreiro, ás 20,00 h., no Local de Portas Ártabras, rúa Sinagoga, 22, Cidade Vella da Coruña, terá lugar a presentación do libro A antesala luminosa de Antonio Tizón. No acto, organizado coa colaboración de  Amigos dos Museos de Galicia, participarán  Juan Carlos Díaz del Valle, Cándido Barral, Rosalía Cotelo, Manuel Bragado e Antonio Tizón.

Presentación de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto na Coruña

O mércores, 8 de outubro, ás 20:00 horas, no local de Portas Ártabras, rúa Sinagoga, 22 na Coruña, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto. No acto participarán Manuel Rivas, Felipe Senén e Xurxo Souto.

Presentación de “Costa do Solpor” de Xosé Mª Lema na Coruña

O xoves, 29 de maio, ás 20:00 horas, no local de Portas Ártabras, rúa Sinagoga, 22 na Coruña, terá lugar a presentación da novela ambientada na Coruña do século XVIII Costa do Solpor de Xosé Mª Lema. No acto participarán Felipe-Senén López Gómez, Xurxo Souto e Xosé Mª Lema.

«Caderno do Nilo», a presentación de Antía Otero

Antía Otero recolle no seu blog o texto que leu na presentación de Caderno do Nilo de Cesáreo Sánchez Iglesias celebrada na Coruña o pasado 4 de decembro. Se collemos unha peza de George de la Tour, o máis famoso dos pintores tenebristas fanceses, atoparémola. Daremos con esa luz que rompe o espazo e concentra toda a nosa mirada coma se dunha avelaiña pendurada no medio dun cuarto estivésemos a falar.

«A illa de todas as illas»: un libro porta

Manuel Bragado, director de Xerais, publica no seu blog unha crónica da presentación do libro A illa de todas as illas de Xabier DoCampo e Xosé Cobas celebrada o luns 16 de decembro na Coruña.

Presentación de «A illa de todas as illas» na Coruña

O luns, 16 de decembro, ás 20:00 horas, no local de Portas Ártabas, Sinagoga 22, A Coruña,  terá lugar a presentación do libro A illa de todas as illas escrito por Xabier DoCampo e ilustrado por Xosé Cobas. No acto participarán Agustín Fernández Paz, Manuel Bragado e os autores. O acto está organizado por Portas Ártabras e Xerais.

Presentación de “A noite branca” na Coruña

O xoves, 20 de decembro, ás 20:00 horas, no salón de Portas Ártabras, rúa Sinagoga, 22 da Coruña, terá lugar a presentación da novela A noite branca de Francisco X. Fernández Naval. No acto, organizado en colaboración coa Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, intervirán Felipe Senén, Eva Veiga, Fran Alonso, o autor e contará co acompañamento musical de Antonio Facal Rivas.

“Para seguir bailando”, presentación na Coruña

“Para seguir bailando”, presentación na Coruña

Mañá, 14 de maio, ás 20:15 horas nas instalacións da Asociación Cultural Portas Ártabras (rúa Sinagoga, 22 baixo) na Cidade Vella da Coruña, presentarase o libro de rlatos de F.X. Fernández Naval, Para seguir bailando. No acto acompañarán ao autor, Tucho Calvo e Manuel Bragado.