Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: praza_pública

Eva Mejuto: «A historia das irmáns Touza é absolutamente fascinante e pensei de inmediato que tiña que escribir algo sobre ela». Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico á escritora Eva Mejuto sobre os libros: Memoria do silencio e 22 segundos. (Imaxe: Praza Pública).

Moncha Fuentes: «A presenza de Vigo na novela foi inevitable por ser o lugar no que vivo dende hai corenta anos». Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico á escritora Moncha Fuentes sobre o libro: O mar que nos leva, publicado por Xerais na colección Narrativa. (Imaxe: Praza Pública). Moncha Fuentes: “Intentei apreixar literariamente os momentos históricos que sentía máis próximos pola súa relevancia no devir do noso país” Unha muller que se atopa nun momento moi complicado olla para atrás.

Chus Nogueira: «O obxectivo deste libro foi reunir e facer accesible a poesía de Xela Arias, que se atopaba fóra dos catálogos dende había tempo». Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a Chus Nogueira sobre o libro: Poesía reunida (1982-2004), de Xela Arias. O libro está publicado por Xerais na colección Xerais Clásicos. (Imaxe: Praza Pública).

Pablo L. Orosa: «A novela é unha reflexión sobre os silencios como parte do que somos». Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Pablo L. Orosa sobre o libro: Fálame do silencio, publicado por Xerais na colección Narrativa. (Imaxe: Praza Pública). Pablo L. Orosa: “Unha das teimas da novela é reivindicar os nosos espazos como territorio de ficción” A Daniel Gluckmann privárao a súa propia familia, decidindo por el, da memoria do seu avó Manuel.

Emma Pedreira: «A figura de Romasanta pode ter un calibre histórico, mitolóxico e ficcional á altura do mesmo Jack o Destripador» Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico á escritora Emma Pedreira sobre a súa novela: Besta do seu sangue, coa que gañou o Premio Xerais de Novela, 2018. O libro está publicado por Xerais na colección: Narrativa (Imaxe: X.M. Xespi – Praza Pública).

«Outubro de libros: Ceiba de luz». Artigo en Praza Pública sobre o libro de Manuel Lourenzo González

O xornal Praza Pública publicou unha recensión crítica da escritora Berta Dávila sobre o libro: Ceiba de luz, de Manuel Lourenzo González. O libro gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2017 e está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Fóra de Xogo.

Xurxo Souto: «Vigo e A Coruña son a mesma cidade». Artigo en Praza Pública sobre: «A gran travesía de Chiruca Macallás»

O xornal Praza Pública publicou un artigo de Xurxo Souto sobre o libro: A gran travesía de Chiruca Macallás,  do que é autor o propio Xurxo Souto e que está editado por Xerais na colección Narrativa.   Xurxo Souto: «Vigo e A Coruña son a mesma cidade» Vigo é A Coruña son a mesma cidade. Esta é visión que defendo na novela A Gran Travesía de Chiruca Macallás.

Antonio García Teijeiro: «’Paseniño, Paseniño’ é un camiño cara Rosalía» Entrevista de Romina Bal en «Praza Pública»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Romina Bal ao escritor Antonio García Teijeiro e ao ilustrador Marcos Viso sobre o poemario infantil e xuvenil Paseniño, Paseniño, editado por Xerais.

Pedro Feijoo: «’Sen piedade’ é un axuste de contas coas miñas causas pendentes, unha batalla que tiña que librar comigo aínda sabendo que o perdedor acabaría sendo eu.» Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Pedro Feijoo sobre a súa novela Sen piedade, a súa última novela, e o resto da súa obra literaria, publicada toda ela en Xerais (imaxe: Yago Ray – Praza Pública).

Manuel Gago: «Creo que o proceso de recuperación da memoria histórica apenas comezou aínda.» Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública» sobre «O exército de fume»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Manuel Gago sobre a súa novela O exército de fume (imaxe: Sole Felloza – Praza Pública). Manuel Gago: “Heroes non temos, pero mártires, unha chea deles.

Fran Alonso: «Concibo a literatura como exploración, como xeito de experimentación.» Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Fran Alonso, director de Edicións Xerais de Galicia, sobre os libros de poemas Terraza e Street Poems, ademais de Estado de malestar, unha proposta poética desenvolvida a travésa da rede social Twitter (imaxe: Praza Pública).

Ramón Nicolás: «O trato cotián con adolescentes levoume a pensar o que podería ocorrer con aqueles que, comprometidos cos problemas sociais, se visen abocados á clandestinidade.» Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública» sobre «Lapis na noite»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Ramón Nicolás sobre a novela Lapis na noite (imaxe: Praza Pública).