Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: premio

Bases da XXI edición do Premio de Poesía Johán Carballeira, que publica Xerais

O Concello de Bueu convocou a XXI edición do Premio de Poesía Johán Carballeira, que publica Xerais. Admiten orixinais ata o 16 de xaneiro de 2018. As bases poden descargarse nesta ligazón.

Premios Xerais 2017: dictame e breve resumo en vídeo

Premios Xerais 2016. Resumo en vídeo

Loitas, envexas, traizóns, violencia, amor, fidelidade e tradicións nunha novela de aventuras: «A cacería», de Amadeo Cobas. Crítica de Pedro García Vidal

O xornal La Voz de Galicia publicou unha recensión crítica de Pedro García Vidal sobre a novela A cacería, de Amadeo Cobas, gañadora do V Premio Internacional de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Novela áxil, cercana e atractiva: «A cacería», de Amadeo Cobas. Crítica de María Navarro

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de María Navarro  sobre a novela  A cacería, de Amadeo Cobas, V Premio Internacional de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira.   A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Unha novela que atrapa e reflexiona en torno á identidade do heroe: «A cacería», de Amadeo Cobas

Diversos medios, como o Diario de Arousa e El Correo Gallego, publicaron informacións sobre a presentación en Ribeira da novela A cacería, de Amadeo Cobas, publicada na colección Fóra de Xogo, que mereceu o V Premio Internacional de Novela Curta «Cidade Centenaria de Riveira». A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Bases do Premio de Narración Curta Anxel Fole

Bases do Premio de Narración Curta Anxel Fole, que convoca a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e que publica Xerais.

II Premio de Poesía Gonzalo López Abente. Bases

A Fundación Gonzalo López Abente puxo en marcha a convocatoria do II Premio de Poesía Gonzalo López Abente para poemarios en lingua galega, do que Xerais publicará a obra gañadora. O certame pretendo contribuír á difusión do nome do autor muxián e á produción poética dentro da nosa literatura. O pasado ano, o libro gañador foi Dos tempos sombrizos, de Daniel Salgado. Os orixinais deben ser presentados antes do 25 de maio.

Novidade: «A voz do vento», de Pemón Bouzas: bruxas, aquelarres, María Soliño e a Santa Inquisición no século XVII

A voz do vento, de Pemón Bouzas, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. A principios do século XVII a vila de Cangas do Morrazo faise célebre porque varias das súas veciñas son levadas diante do tribunal da Santa Inquisición en Santiago de Compostela acusadas de bruxaría. Entre elas está María Soliño, unha muller con facenda e negocios que andaba polos sesenta anos cando foi xulgada.

Entrevista a Rexina Vega

Entrevista a Rexina Vega

Pura Salceda entrevista en Vieiros a Rexina Vega, autora de Cardume, a novela gañadora do Premio Xerais de Novela 2007. Reproducimos dous dos parágrafos desta longa entrevista: Pura Salceda: Como lle cambia a un a vida cando é Premio Xerais de Novela? Rexina Vega: Aínda, a tantos meses xa do Premio, non sei ben que contestar. O que me cambiou a vida, no máis fondo, foi o feito de ser quen de publicar unha novela.