Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: premio_agustín_fernández_paz

Rosa Aneiros, gañadora do II Premio Agustín Fernández Paz: «Este libro quere ser unha obra na que se erixa a necesidade do diálogo interxeracional» Entrevista en «El Progreso»

O xornal El Progreso publicou unha entrevista de Cristina Arias á escritora e xornalista Rosa Aneiros, gañadora o II Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, pola obra: Tres bichiconas, dúas illas e unha serea. O certame está convocado polo Intituto de Estudos Chairegos (Iescha), o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia.

Moito máis que unha novela sobre un mozo ‘trans’, unha historia de amizade, superación e autoafirmación: «Fóra do normal», de María Reimóndez. Crítica de Montse Pena Presas en «Chamando á Terra»

O programa Chamando á Terra, da Radio Galega, emitiu unha opinión crítica de Montse Pena Presas sobre Fóra do normal, de María Reimóndez, ilustrado por Antonio Seijas, Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2017. A opinión crítica pode escoitarse nesta ligazón (a partir do minuto 28.30).

Entrega en Vilalba do I Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade

O Instituto de Estudios Chairegos, O Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan a entrega do I Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade á escritora gañadora, María Reimóndez, que terá lugar o sábado, día 20 de xaneiro de 2018, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba. O acto, presentado por Carmen Hermida, contará coa intervención de Xabier P.

Iº Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade

Presentáronse onte en Villaba as bases do Iº Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, promovido polo Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) e o concello de Vilalba, coa colaboración de Edicións Xerais de Galicia.