Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: premio_agustín_fernández_paz_de_narrativa_infantil_e_xuvenil

O prazo para presentar obras ao Premio Agustín Fernández Paz remata o día 12 de xullo. Noticia no xornal El Progreso.

O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia convocan o III Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade. O prazo de presentación de orixinais remata o día 12 de xullo de 2019 (terceiro cabodano de Agustín Fernández Paz). A noticia foi recollida no xornal El Progreso. Pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Convocado o III Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade

O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia convocan o III Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade. O prazo de presentación de orixinais remata o día 12 de xullo de 2019 (terceiro cabodano de Agustín Fernández Paz). As bases do premio poden lerse ou descargarse nesta ligazón.

Unha emocionada Rosa Aneiros recibiu en Vilalba o II Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade. Noticia en varios medios de comunicación

A escritora Rosa Aneiros recibiu o sábado, día 2 de febreiro de 2019, no Auditorio Municipal de Vilalba, o II Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade, nun acto organizado polo Instituto de Estudios Chairegos, O Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia (Foto: Blog Brétemas) A noticia da entrega do premio foi recollida polos xornais El Progreso de Lugo, La Voz de Lugo, así como polo b

A escritora Rosa Aneiros recibe en Vilalba o II Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade

O Instituto de Estudios Chairegos, O Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan a entrega do II Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade á escritora gañadora, Rosa Aneiros, que terá lugar o sábado, día 2 de febreiro de 2019, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba.

Presentación en Vilalba de “Fóra do normal” de María Reimóndez

O venres 7 de setembro de 2018 ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a presentación do libro Fóra do normal de María Reimóndez, Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2017, convocado polo IESCHA e o Concello de Vilalba coa colabroración de Xerais. No acto participarán Marisa Barreiro, Manuel Bragado, Éric Dopazo, Agustín Baamonde, María Reimóndez e Fran Alonso.

Convocado o II Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade

O Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade está promovido polo Instituto de Estudos Chairegos e polo Concello de Vilalba, coa colaboración de Edicións Xerais de Galicia, na honra de Agustín Fernández Paz.

María Reimóndez: «A calidade literaria tamén é un un servizo ao ser humano, á xustiza e á igualdade»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a entrega do I Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade á escritora María Reimóndez pola súa novela Fóra do normal. Nesta ligazón pode lerse o discurso pronunciado pola autora no acto de entrega.

Iº Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade

Presentáronse onte en Villaba as bases do Iº Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, promovido polo Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) e o concello de Vilalba, coa colaboración de Edicións Xerais de Galicia.