Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: premio_agustín_fernández_paz_de_narrativa_infantil_e_xuvenil_pola_igualdade_2018

Os libros infantís máis esperados e celebrados: «Tres bichicomas, dúas illas e unha serea», de Rosa Aneiros e «Unha fábrica de bicos», de María Canosa. Reportaxe no xornal «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia, publicou unha reportaxe asinada por Olalla Sánchez sobre as novidades editoriais para a rapazada, con mención a dous títulos publicados por Xerais: Unha fábrica de bicos, de María Canosa e Tres bichicomas, dúas illas e unha serea, de Rosa Aneiros. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nestas ligazóns: Os libros infantís máis esperados e celebrados. La Voz de Galicia 1.

Unha novela de misterio, aventuras e humor: «Tres bichicomas, dúas illas e una serea», de Rosa Aneiros. Anotación no xornal «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Carmen Ferreira sobre o libro: Tres bichicomas, dúas illas e una serea, de Rosa Aneiros, publicado por Xerais na colección Merlín. O libro gañou o Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2018. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

O recurso da imaxinación: «Tres bichicomas, dúas illas e unha serea», de Rosa Aneiros. Anotación de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou nos xornais El Progreso e Diario de Pontevedra unha anotación sobre o libro: Tres bichicomas, dúas illas e unha serea, de Rosa Aneiros, con ilustracións de Abi Castillo. O libro gañou o Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2018, e está publicado por Xerais na colección Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha narración ben contada que da o gusto de querer narrar oralmente: «Tres bichicomas, dúas illas e unha serea», de Rosa Aneiros. Crítica de Montse Pena Presas no Diario Cultural

Montse Pena Presas interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Tres bichicomas, dúas illas e unha serea, de Rosa Aneiros, con ilustracións de Abi Castillo, publicado por Xerais na colección: Merlín. O libro gañou o Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2018. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 21´.

«Tres bichicomas, dúas illas e unha serea», de Rosa Aneiros, recomendación de lectura da Libraría Couceiro

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en CorreoTV, animaron á lectura do libro: Tres bichicomas, dúas illas e unha serea, de Rosa Aneiros, con ilustracións de Abi Castillo. O libro gañou o Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2018, e está publicado por Xerais na colección Merlín.premio A recomendación pode verse nesta ligazón.