Publicado o 22 Xaneiro, 2018 nas categorías Blogs, Premios
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a entrega do I Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade á escritora María Reimóndez pola súa novela Fóra do normal. Nesta ligazón pode lerse o discurso pronunciado pola autora no acto de entrega.
Ler máis →
Publicado o 8 Novembro, 2017 nas categorías Entrevistas, Infantil, Narrativa, Xuvenil
O xornal El Progreso publicou unha entrevista de Cristina Pérez á escritora María Reimóndez, gañadora do Premio Agustín Fernández Paz pola igualdade 2017 coa novela Fóra do normal. Outra novela de María Reimóndez chega nos próximos días ás librarías: As cousas que non queremos oír.
A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 30 Outubro, 2017 nas categorías Blogs, Noticias, Premios, Xuvenil
A escritora María Reimóndez resultou gañadora do I premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos e polo Concello de Vilalba e apoiado por Xerais.
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o fallo do premio.
Ler máis →
Publicado o 22 Abril, 2017 nas categorías Autores, Bases_premios_literarios, Premios, Xerais
Presentáronse onte en Villaba as bases do Iº Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, promovido polo Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) e o concello de Vilalba, coa colaboración de Edicións Xerais de Galicia.
Ler máis →