Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: premio_antón_losada_diéguez

Andrade Cernadas e López Carreira gañan o Premio Antón Losada Diéguez na modalidade de investigación e ensaio pola obra: «O reino medieval de Galicia». Noticia nos medios de comunicación

Os historiadores Xosé Miguel Andrade Cernadas e Anselmo López Carreira gañaron o Premio Antón Losada Diéguez na súa modalidade de investigación e ensaio pola obra: O reino medieval de Galicia, publicada por Xerais na colección: Contamos a nosa historia.

Héctor Cajaraville recibe o Premio Antón Losada Diéguez 2019 na modalidade de Creación Literaria por «Nova Nursia». Noticia no «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha noticia sobre o acto de entrega do XXXIV Premio Antón Losada Diéguez na categoría de Creación Literaria a Héctor Cajaraville polo libro: Nova Nursia, publicado por Xerais na colección Narrativa. Na modalidade de Investigación en ensaio, o traballo gañador foi: As orixes da fotografía en Galicia, de Carlos Castelao (Alvarellos). O evento tivo lugar o sábado, día 22 de xuño de 2019.

«Nova Nursia», de Héctor Cajaraville, gaña o Premio Antón Losada Diéguez 2019 na modalidade de Creación Literaria. Noticia no xornal La Región

Nova Nursia, de Héctor Cajaraville, gañou a XXXIV edición do Premio Antón Losada Diéguez na categoría de Creación Literaria. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A noticia foi recollida polo xornal La Región.

Ledicia Costas gaña o Premio dos Clubs de Lectura 2016 e tamén o Premio Losada Diéguez por «Un animal chamado Néboa»

A escritora Ledicia Costas, que se atopa na Feira do Libro de Bos Aires, foi recoñecida esta fin de semana con dous premios: O Premio dos Clubs de Lectura 2016, que concede a Asesoría de Bibliotecas Escolares, dependente da Consellería de Educación e Cultura, así como co Premio Antón Losada Diéguez no apartado de Literatura pola súa novela Un animal chamado néboa.

Ramón Nicolás: «O Premio Losada Diéguez supón a cita dun recoñecemento singular na cultura galega»

A edición de Ourense de La Voz de Galicia publicou unha entrevista con Ramón Nicolás sobre a concesión, o pasado ano, do último Premio Losada Diéguez de Investigación e Ensaio pola súa biografía Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Como unha novela. Anotación en Trafegando ronseis sobre «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro», de Ramón Nicolás

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a presenza de Ramón Nicolás no Club de Lecturada Biblioteca Municipal Daniel Castelao de Silleda, centrado en Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro. Actualización 29/11/13: O blog do Club de Lectura de Silleda publicou unha anotación sobre a intervención de Ramón Nicolás e Luís Ferreiro na sesión dedicada á biografáia de Celso Emilio Ferreiro.

Ramón Nicolás estará hoxe no Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Silleda con «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro»

O crítico e escritor Ramón Nicolás estará presente esta tarde no Club de Lecturada Biblioteca Municipal Daniel Castelao de Silleda para falar de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, a biografía do poeta celanovés que foi galardoada co Premio Losada Diéguez.

«Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro», de Ramón Nicolás, Premio Losada Diéguez

Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, a monumental biografía do poeta celanovés escrita por Ramón Nicolás resultou gañadora esta fin de semana do Premio Losada Diéguez na modalidade de Investigación e Ensaio. Reproducimos a información de La Voz de Galicia e a do propio blog do autor, Caderno da crítica.

«Aníbal Otero Lingüistica e política en España na Guerra Civil e no franquismo», de Xesús Alonso Montero, Premio Losada Diéguez de Investigación

«Aníbal Otero Lingüistica e política en España na Guerra Civil e no franquismo», de Xesús Alonso Montero, Premio Losada Diéguez de Investigación

O libro Aníbal Otero Lingüistica e política en España na Guerra Civil e no franquismo, de Xesús Alonso Montero, Premio Losada Diéguez de Investigación e Ensaio.

Crítica de Xulio Valcárcel sobre «Os Celtas. Unha (re)visión dende Galicia» de Francisco Calo Lourido

O escritor e crítico Xulio Válcárcel publicou nos xornais xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e El Ideal Gallego unha recensión crítica sobre o libro Os Celtas. Unha (re)visión dende Galicia de Francisco Calo Lourido. 0 celtismo é un debate aberto con fortes enfrontamentos e crispacións. Posturas nunha dirección e noutra dominan o panorama cada ceno tempo.

«Os Celtas. Unha (re)visión dende Galicia», de Francisco Calo, Premio Losada Diéguez de ensaio e investigación

O xurado da XXVI edición do Premio Antón Losada Diéguez outorgou o galardón, na modalidade de investigación e ensaio, á obra Os Celtas. Unha (re)visión dende Galicia de Francisco Calo Lourido.