Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: premio_de_poesía_gonzalo_lópez_abente

Presentación en Ferrol de “Onde nacen as hedras” de Ana Varela

O sábado 1 de febreiro ás 12:00 horas, no Centro Cívico de Canido, rúa Poeta Pérez Parallé, Ferrol, terá lugar a presentación do libro Onde nacen as hedras de Ana Varela, VI Premio de Poesía Gonzalo López Abente 2019. No acto, organizado en colaboración co Centro Cívico de Canido, intervirán Mario Regueira, Ana Varela e Fran Alonso.

Presentación na Coruña de “Onde nacen as hedras” de Ana Varela

O mércores 29 de xaneiro ás 19:30 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés 35, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Onde nacen as hedras de Ana Varela,VI Premio de Poesía Gonzalo López Abente 2019. No acto participarán Antía Ortero, Ana Varela e Fran Alonso.

Novidade: «Onde nacen as hedras», de Ana Varela. Un libro que constrúe a cartografía dunha caída, do proceso de perda e abandono

Onde nacen as hedras, de Ana Varela, é unha novidade da colección Poesía de Xerais. O libro gañou o VI Premio de Poesía Gonzalo López Abente 2019. Onde nacen as hedras é un libro que agroma dun derrubamento e constrúe a cartografía dunha caída, do proceso de perda e abandono. Os poemas sitúannos no lugar do oráculo que todo o ve, desde os sinais que anuncian a primeira fenda até que nos asomamos ao oco, a ruína mesma.

«Os días condenados» de Laureano Xoaquín Araujo Cardalda, unha nova voz da poesía galega

O xornal La Voz de Galicia publicou unha información de P. Calveiro sobre a presentación onte en Compostela de Os días condenados. Fragmentos para un devocionario de Laureano Xoaquín Araujo Cardalda, Premio de Poesía Gonzalo López Abente, 2014. (Foto de Xoán A. Soler / La Voz de Galicia).     Recoñecen a Araújo Cardalda, premio López Abente, como a «nova voz» da poesía galega «Os días condenados.

Presentación en Santiago de “Os días condenados” de Laureano Xoaquín Araujo Cardalda

O mércores, 25 de febreiro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Os días condenados. Fragmentos para un devocionario de Laureano Xoaquín Araujo Cardalda (Premio de Poesía Gonzalo López Abente, 2014). No acto, organizado pola Fundación Gonzalo López Abente, a libraría Couceiro e Xerais, participarán Clara Pino (cantante e arpista), X. H.

Daniel Salgado: «Quixen buscar un refuxio na escrita ante a impotencia do que nos está a suceder». Entrevista no Diario Cultural sobre «Dos tempos sombrizos»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Anxo Quintela a  Daniel Salgado centrada no seu novo poemario Dos tempos sombrizos, galardoado co I Premio de Poesía Gonzalo López Abente.

A beleza como arma nos tempos de chumbo: «Dos tempos sombrizos», de Daniel Salgado. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Ferrol unha recensión crítica de Dos tempos sombrizos, de Daniel Salgado. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Novidade: «Dos tempos sombrizos», de Daniel Salgado. Un refuxio contra a barabarie

Dos tempos sombrizos, de Daniel Salgado, é unha novidade da colección Poesía.   I Premio de Poesía Gonzalo López Abente Dos tempos sombrizos é un libro de poemas sobre o medo. Sobre un medo ás veces concreto e ás veces difuso. Sobre un medo histórico. Dos tempos sombrizos está escrito nunha lingua desprezada. Nunha lingua acosada. Nunha lingua de vencidos. É testemuño dunha derrota inmensa.