Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: premio_de_poesía_johán_carballeira

Dous libros que abordan a diversidade sexual e de xénero: «As estacións do lobo», de María Reimóndez e «Transmatria», de Daniel Asorey. Intervención de Eva Mejuto no Zig Zag Diario

Eva Mejuto participou no programa ZigZag Diario da TVG para falar sobre libros que abordan a diversidade sexual e de xénero, con mención a dúas obras publicadas por Xerais: As estacións do lobo, de María Reimóndez, e Transmatria, de Daniel Asorey. A súa intervención pode verse nesta ligazón.

Novidade: «Galicia en bus», de María Reimóndez, Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu

Galicia en bus, de María Reimóndez, é unha novidade da colección Poesía de Xerais. XX Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu Galicia en bus é un libro de poemas que traza un percorrido íntimo e, ao tempo, social e colectivo, desde unha perspectiva feminista, articulando un mapa cartográfico que funde o territorial coas lembranzas persoais e o propio corpo.

Bases do XX Premio de poesía Johán Carballeira

Publicamos as bases do XX Premio de poesía Johán Carballeira que convoca o Concello de Bueu e edita Xerais. As bases poden descargarse en pdf nesta ligazón.

Poemas que percorren cicatrices: «Dos días escuros», de Mª Carmen Caramés Gorgal. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre Dos días escuros, de Mª Carmen Caramés Gorgal, XVII Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu.

Mª Carmen Caramés Gorgal: «Toda violencia de xénero comeza nunha relación afectiva e ese é o comezo do meu poemario»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Xiana Arias á escritora Mª Carmen Caramés Gorgal sobre o seu poemario Dos días escuros, XVII Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu.

Espazos de dor: «Dos días escuros», de Mª Carmen Caramés Gorgal. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre Dos días escuros, de Mª Carmen Caramés Gorgal, XVII Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Lirismo e compromiso social: «Dos días escuros», de Mª Carmen Caramés Gorgal

A web Adiante Galicia publicou unha información e un vídeo sobre a presentación de Dos días escuros, de Mª Carmen Caramés Gorgal, XVII Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu.   Carmen Caramés presentó «Dos días escuros» La escritora xalleira Mari Carmen Caramés Gorgal presentó su libro “Dos días escuros” (Xerais) en la librería Ler de Santa Comba.

Novidade: «Dos días escuros», de Mª Carmen Caramés Gorgal, Premio de Poesía Johán Carballeira

Dos días escuros, de Mª Carmen Caramés Gorgal, é unha novidade da colección Poesía XVII Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu A liña do tempo desdebúxase nos seus extremos entre a esperanza e a devastación e, suspendida no centro dese arame de funambulista, a vítima do maltrato tenta aínda unha última reflexión.