Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: premio_johán_carballeira_de_poesía

Unha exaltación da lembranza da nai: «dente de leite», de Arancha Nogueira. Anotación de Román Raña

O xornal Faro de Vigo publicou una anotación de Román Raña sobre o libro: dente de leite, de Arancha Nogueira, publicado por Xerais na colección: Poesía. O libro gañou o XXII Premio Johán Carballeira de Poesía do Concello de Bueu. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Unha sentida e emocionada homenaxe á nai: «dente de leite», de Arancha Nogueira. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha anotación sobre o libro: dente de leite, de Arancha Nogueira, publicado por Xerais na colección: Poesía. O libro gañou o XXII Premio Johán Carballeira de Poesía do Concello de Bueu.   dente de leite, de Arancha Nogueira(Xerais)   Non sendo un tema dos máis coñecidos, o da nai si é un tema recorrente na poesía universal.

Arancha Nogueira: «`dente de leite´ ten unha voz de muller adulta que continuamente se dirixe a unha nai». Entrevista en «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia, publicou unha entrevista asinada por María Doallo á escritora Arancha Nogueira, na que fala sobre o libro: dente de leite, publicado por Xerais na colección Poesía. O libro gañou o XXII Premio Johán Carballeira de Poesía do Concello de Bueu. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un exercicio para tentar comprender e apreixar o mundo coas mans: «dente de leite», de Arancha Nogueira. Crítica en Lecturafilia

O blog Lecturafilia publicou unha recensión de Tensi Gesteira sobre o libro dente de leite, de Arancha Nogueira. O libro gañou o XXII Premio Johán Carballeira de Poesía do Concello de Bueu, e está publicado por Xerais na colección Poesía.   dente de leite, de Arancha Nogueira(Xerais)   Escribir sobre una nai paréceme unha tarefa, cando menos, difícil.

Arancha Nogueira: «`dente de leite´é unha ollada nostálxica á infancia que non volve para ningún de nós». Entrevista no «Diario Cultural»

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista coa escritora Arancha Nogueira sobre o libro: dente de leite, publicado por Xerais na colección: Poesía. O libro gañou o XXII Premio Johán Carballeira de Poesía do Concello de Bueu. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «dente de leite», de Arancha Nogueira. Un libro nostálxico sobre a inocencia perdida

dente de leite, de Arancha Nogueira, é unha novidade da colección Poesía de Xerais. O libro gañou o XXII Premio Johán Carballeira de Poesía do Concello de Bueu. dente de leite é ante todo un libro nostálxico, sobre a inocencia perdida, que parte do recordo dun verán na infancia.

Bueu convoca unha nova edición dos Premios Johán Carballeira de Poesía e Xornalismo. Noticia no xornal Faro de Vigo

O Concello de Bueu convoca unha nova edición dos Premios de Poesía e Xornalismo Johán Carballeira, cunha dotación económica de 1.500 euros para ambas categorías e a publicación do premio de poesía por Xerais. O prazo de presentación de traballos remata o día 31 de xaneiro de 2020. A noticia foi recollida polo xornal Faro de Vigo.

Un libro escrito dende o corazón que supura a rabia e a impotencia ante unha sociedade inxusta: «Transmatria», de Daniel Asorey. Crítica en Lecturafilia

O blog Lecturafilia publicou unha recensión de Tensi Gesteira sobre o libro Transmatria, de Daniel Asorey, publicado por Xerais na colección Poesía. O libro gañou o XXI Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu. Transmatria, de Daniel Asorey (Xerais)   A Rosalía de Castro condenárona durante moito tempo como poeta do sensible, a que supostamente cantaba ás flores e aos ríos.

Arancha Nogueira gaña o Premio Johan Carballeira de Poesía co poemario titulado: «O silencio das gaivotas». Noticia no xornal «Faro de Vigo»

Arancha Nogueira gañou unha nova edición do Premio Johan Carballeira de Poesía co poemario titulado: O silencio das gaivotas. O galardón inclúe unha dotación económica de 1.500 euros e a publicación do libro por Xerais. A noticia foi recollida polo xornal Faro de Vigo. Pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Bases da XXII edición do Premio de Poesía Johán Carballeira, que publica Xerais

  O Concello de Bueu convocou a XXII edición do Premio de Poesía Johán Carballeira, que publica Xerais. Admiten orixinais ata o 31 de xaneiro de 2019. Obxecto: Co ánimo de contribuír a fomentar a poesía escrita en lingua galega, o Concello de Bueu impulsa o XXII Premio de Poesía Johán Carballeira, que ten tamén por obxectivo o de homenaxear e dar a coñecer a figura do bueués Johán Carballeira. 1.

Presentación en Vigo de “Galicia en bus” de María Reimóndez

O xoves 24 de maio de 2018, ás 20:00 horas, na libraría Andel, avenida Camelias, 102, Vigo, terá lugar a presentación do libro Galicia en bus de María Reimóndez, XX Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu.

Daniel Asorey, premio Johán Carballeira de Poesía por «Transmatria»

O escritor Daniel Asorey (Santiago de Compostela, 1970) é o gañador da XXI edición do premio Johán Carballeira de Poesía pola súa obra Transmatria, que será editada por Xerais na súa colección de poesía. Este premio está organizado polo Concello de Bueu e nesta edición o seu xurado estivo presidido por María Reimóndez, gañadora da edición anterior polo seu libro de poemas Galicia en bus.