Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: premio_jules_verne_de_literatura_xuvenil

Novos prazos para os Premios Xerais 2020

Debido á declaración do Estado de Alarma, Edicións Xerais de Galicia vese na obriga de publicar unhas novas bases para os seus tres premios literarios que invalidan as anteriores e amplían os prazos de entrega dos orixinais. A nova data límite de recepción de orixinais é o 6 de xullo de 2020. Os Premios serán fallados nos mes de decembro de 2020.   Bases do Premio Xerais de Novela 2020. Modificación de prazos.

Unha trama verdadeiramente interesante: «Trescatorcedezaseis», de Rocío Leira. Crítica no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: Trescatorcedezaseis, de Rocío Leira, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O libro foi finalista do XI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil.

O Premios Xerais 2019 fallaranse o sábado 9 de xuño

Os Premios Xerais 2019 fallaranse o sábado 8 de xuño Este ano compiten un total de 92 obras A festa de entrega dos galardóns terá lugar no mes de outubro coincidindo coa aparición das obras gañadoras. Os xurados declararán as obras finalistas na súa primeira reunión, que se celebrará o venres 31 de maio. Os premios serán fallados o sábado 8 de xuño. O xurado da XXXVI edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.

Convocados os Premios Xerais 2019

Edicións Xerais de Galicia convoca os Premios Xerais 2019 para orixinais en lingua galega, conforme a normativa vixente, nas modalidades de novela, literatura infantil e literatura xuvenil. O Premio Xerais de novela chega a súa trixésimo sexta edición, o Merlín de literatura infantil acada á trixésimo cuarta e o Jules Verne de literatura xuvenil  á décimo primeira. Cada premio está dotado con 10.000 euros.

Convocados os Premios Xerais 2018

Edicións Xerais de Galicia convoca os Premios Xerais 2018 para orixinais en lingua galega, conforme a normativa vixente, nas modalidades de novela, literatura infantil e literatura xuvenil.

Unha novela próxima ao lectorado adolescente: «Xa non estou aquí», de Iria Misa. Recensión de Marta Neira Rodríguez

Marta Neira Rodríguez publicou en El Correo Gallego unha recensión crítica obre a novela Xa non estou aquí, de Iria Misa, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2016. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Iria Misa: «Escribir o mundo de Ánxela foi botar unha ollada a aqueles anos intensos e cheos de sensacións»

O blog Palabra de Gatsby publicou unha entrevista de David González Domínguez á escritora Iria Misa sobre  a novela Xa non estou aquí, de Iria Misa, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2016.

Un clima de suspense que atrae desde as primeiras páxinas: «Xa non estou aquí», de Iria Misa. Recensión de Alba Piñeiro

Alba Piñeiro publicou no blog Versos e Aloumiños unha recensión sobre  a novela Xa non estou aquí, de Iria Misa, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2016.     «Xa non estou aquí», de Iria Misa Iria Misa principia a súa andaina na LIX coa publicación da súa primeira novela, Xa non estou aquí, gañadora do Premio Jules Verne, 2016.

Convocados os Premios Xerais 2017

Edicións Xerais de Galicia convoca os Premios Xerais 2017 para orixinais en lingua galega, conforme a normativa vixente, nas modalidades de novela, literatura infantil e literatura xuvenil. O Premio Xerais de novela chega a súa trixésimo cuarta edición, o Merlín de literatura infantil acada á trixésimo segunda e o Jules Verne de literatura xuvenil, que conta coa colaboración de Ámbito Cultural-El Corte Inglés, á novena.

Iria Misa: «Escribín a novela pensando nos adolescentes, aínda que poida parecer un tema duro»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista coa escritora  Iria Misa, autora de Xa non estou aquí, obra gañadora do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2016. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Unha ollada de fondo calado social: «Xa non estou aquí», de Iria Misa, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2016. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor  Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión sobre  a novela Xa non estou aquí, de Iria Misa, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2016.

Unha temática próxima á mocidade que atrapará: «Xa non estou aquí», de Iria Misa, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2016. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou as páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela Xa non estou aquí, de Iria Misa, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2016. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.