Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: premio_lópez_abente_de_poesía

Presentación en Rianxo de “O xiro” de Noelia Gómez

O vindeiro sábado 19 de xaneiro de 2019, ás 12:30, terá lugar no salón de actos (1º andar) do Auditorio de Rianxo a presentación do libro de poemas O xiro, de Noelia Gómez, Premio López Abente 2018. No acto participarán Raquel García Abuín (filóloga e concelleira de Cultura de Rianxo), Roberto Abuín (filósofo, editor e escritor) e a autora.

Presentación en Santiago de “O xiro” de Noelia Gómez

O xoves 17 de xaneiro, 2019, ás 20:00 horas, na librería Lila de Lilith, rúa Travesa, 7, Santiago, terá lugar a presentación do libro O xiro de Noelia Gómez, V Premio de Poesía Gonzalo López Abente. No acto participarán Antía Otero, Fran Alonso e Noelia Gómez.

Bases do V Premio de Poesía Gonzalo López Abente

Difundimos as bases do V Premio de poesía Gonzalo López Abente, que publica Xerais. O prazo de presentación de orixinais estará aberto ata o próximo 25 de maio.

Poesía da desposesión e da perda, da morte e da morriña: «s/t», de Emma Pedreira. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión sobre o libro de poemas s/t, de Emma Pedreira. sobre o libro de poemas s/t, de Emma Pedreira. s/t Publica a editorial Xerais o III Premio de Poesía Gonzalo López Abente, s/t de Emma Pedreira, un “S/T” do “sen terra” por estarmos ante poesía da desposesión e da perda, da morte e da morriña.

Bases do IV Premio de Poesía Gonzalo López Abente

Difundimos as bases do IV Premio de poesía Gonzalo López Abente, que publica Xerais.

O carácter irónico da poesía: «Teoría do riso», de Antón Patiño. Crítica de Román Raña

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Román Raña sobre o libro Teoría do riso, de Antón Patiño. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

O territorio da desposesión: «s/t», de Emma Pedreira. Crítica de Román Raña

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Román Raña sobre o libro de poemas s/t, de Emma Pedreira. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Un libro cheo de acedumes e incertzas: «s/t», de Emma Pedreira. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre o libro de poemas s/t, de Emma Pedreira.   A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Un último escintileo para que ilumine o camiño esvaído: «s/t», de Emma Pedreira. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro de poemas s/t, de Emma Pedreira.

Emma Pedreira: «Hai tempo que desexaba falar da perda, do lugar onde medrei, e transmitirllo ás miñas fillas». Entrevista no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista coa escritora Emma Pedreira, gañadora do Premio López Abente de Poesía co libro S/T.   A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Un poemario compacto e coherente: «s/t», de Emma Pedreira. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre o libro de poemas s/t, de Emma Pedreira A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «s/t», de Emma Pedreira. Sen título, sen terra: todas as perdas

s/t, de Emma Pedreira é unha novidade da colección Poesía de Xerais. Premio Gonzalo López Abente, 2015 Algunhas obras quedan sen título (s/t) cando o autor non é quen de abranguer nunha única expresión todo o espírito definitivo da obra que vén de crear. Pode resultar un labor difícil de máis cando hai que pechar nel unha declaración de intencións e unha síntese. Ás veces a mellor escolla é o silencio.