Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: premio_lueiro_rey

Presentación en Santiago de “Fornelos & Fornelos: terceira fundación” de Xerardo Quintiá

O mércores 19 de xuño de 2019 ás 20:30 horas, na libraría Chan da Pólvora, rúa de San Pedro, 74, Santiago, terá lugar a presentación do libro Fornelos & Fornelos:  terceira fundación de Xerardo Quintiá, VII Premio de poesía Manuel Lueiro Rey. No acto acompañarán ao autor Carlos Negro e Fran Alonso.

Isaac Xubín, Premio Lueiro Rey de Poesía con «A cadencia da fractura»

Onte á tarde, en Fornelos de Montes, fallouse o Premio Lueiro Rey de Poesía, que gañou o escritor Isaac Xubín coa obra A cadencia da fractura, que publicará Xerais na primavera. Xubín publicou recentemente en Xerais a novela Non hai outro camiño. Reproducimos a nota de prensa da organización do certame, coa composición do xurado, que tamén se pode descargar en pdf nesta ligazón.

Presentación de “Exhumación” de Marcos Abalde Covelo en Compostela

O xoves, 22 de setembro, ás 20:00 horas, en NUMAX, Concepción Arenal, 9, Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do poemario Exhumación de Marcos Abalde Covelo  Premio Lueiro Rey 2016. No acto participarán Irma Amado, Manuel Bragado e Marcos Abalde Covelo.

Marcos Abalde: «Escribir ‘Exhumación’ levoume centos de horas de traballo; o premio literario é unha compensación e dá visibilidade»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista ao escritor Marcos Abalde Covelo, gañador da V edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía con Exhumación.

O potencial emancipador do pasado: «Exhumación» de Marcos Abalde. Anotación en Brétemas

O potencial emancipador do pasado: «Exhumación» de Marcos Abalde. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre  presentación do poemario Exhumación, de Marcos Abalde Covelo, Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía.

Marcos Abalde, Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía

O escritor Marcos Abalde Covelo resultou gañador da V edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía cun poemario titulado Exhumación, que publicará Xerais. Nesta ligazón pode consultarse a acta do xurado en pdf. Marcos Abalde Covelo (Vigo, 1982) , membro de EStaleiro Editora, obtivo xa varios galardóns, entre eles, o Premio Álvaro Cunqueiro 2011 por A cegueira, que publicou Xerais.