Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: premio_lueiro_rey_de_novela_curta

Diego Alfonsín, Premio Lueiro Rey de Novela Curta con «Non o saben as estrelas»

O escritor Diego Alfonsín Rivero (Tui, 1980) resultou vencedor este luns do Premio Lueiro Rey de Novela Curta que concede o Concello do Grove coa novela Non o saben as estrelas, unha obra que, a xuízo do xurado, destaca pola súa «orixinalidade do seu traballo, polo seu carácter innovador e a súa capacidade para envolver o lector na historia que narra, así como pola redacción e a súa trama».