Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: premio_manuel_lueiro_rey

Unha auténtica aventura marítima duns rapaces ben afoutos: «Illas a sotavento», de Henrique Dacosta. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre o libro: Illas a sotavento, de Henrique Dacosta. O libro gañou o XXV Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta e está publicado por Xerais na colección Narrativa.

Unha historia trepidante e de aventuras de lectura moi agradecida para lectores de todas as idades: «Illas a sotavento», de Henrique Dacosta. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Illas a sotavento, de Henrique Dacosta. O libro gañou o XXV Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta, e está publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Henrique Dacosta López gaña o XXV Premio Manuel Lueiro Rey de novela curta. Noticia no «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha noticia sobre o premio Manuel Lueiro Rey de novela curta, que gañou na súa XXV edición Henrique Dacosta López pola obra titulada: Illas a Sotavento. O certame está dotado con 3.000 euros e garantiza tamén a publicación da obra gañadora na editorial Xerais. A noticia pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Santiago de “A cadencia da fractura” de Isaac Xubín

O mércores 13 de decembro ás 20:00 horas en Chan da Pólvora, rúa de San Pedro, 74, Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro A cadencia da fractura de Isaac Xubín. Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey, 2017 No acto participarán Isaac Xubín e Armando Requeixo.

Un thriller telúrico cheo de intriga e sorpresa: «A raíña das velutinas», de Lionel Rexes. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela A raíña das velutinas, de Lionel Rexes, Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey.   Entrega no Grove do Premio Manuel Lueiro Rey Participamos onte no Grove na gala de entrega da XXIII edición do Premio de Novela Curta Manuel Lueiro a Rey que recibiu Lionel Rexes por A raíña das velutinas.