Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: premio_manuel_lueiro_rey_de_novela_curta

Ignacio Vidal gaña o XXVI Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta pola obra: «Lara e Sabela». Noticia no «Diario de Arousa»

O xornal Diario de Arousa publicou unha noticia sobre o premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta, que gañou na súa XXVI edición Ignacio Vidal pola obra titulada: Lara e Sabela. O certame está dotado con 3.000 euros e garantiza tamén a publicación da obra gañadora por Xerais.

O escritor ferrolán Henrique Dacosta recibe o Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta pola obra: «Illas a sotavento». Noticia en varios medios de comunicación

A Sala das Cunchas do Concello de O Grove acolleu o día 14 de decembro de 2019 o acto de entrega do XXV Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta ao escritor Henrique Dacosta pola súa obra titulada: Illas a sotavento. O libro está publicado por Xerais na colección: Narrativa.

Un tributo que actualiza o xénero da narrativa de aventuras máis clásica e tradicional,: «Illas a sotavento», de Henrique Dacosta. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia e no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Illas a sotavento, de Henrique Dacosta, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o XXV Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha novela cosida cos retazos duns personaxes afectados pola inmundicia do mundo no que viven: «Non o saben as estrelas», de Diego Alfonsín. Crítica no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: Non o saben as estrelas, de Diego Alfonsín, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o XXIV Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta.

Unha novela de aventuras con diferentes niveis de lectura: «Illas a sotavento», de Henrique Dacosta. Entrevista no «ZigZag Diario»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha entrevista co escritor Henrique Dacosta sobre o libro: Illas a sotavento, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o XXV Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Unha historia de rapaces para todos os públicos: «Illas a sotavento», de Henrique Dacosta. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa, El Ideal Gallego e Diario de Bergantiños unha recensión sobre o libro Illas a sotavento, de Henrique Dacosta. O libro gañou o XXV Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta, e está publicado por Xerais na colección Narrativa. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.