Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: premio_manuel_maría_de_literatura_dramática_infantil

O Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais incrementa a súa dotación económica ata os 8.000 euros. Noticia no xornal «El Progreso»

O xornal El Progreso publicou unha noticia sobre o premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, que incrementa a súa dotación económica ata os 8.000 euros, 2.000 máis que nas súas convocatorias anteriores. A nova pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un universo simbólico onde o humano e o fantástico se unen: «Somos os monstros», de Paula Carballeira. Crítica de Alba Piñeiro en «Versos e aloumiños»

O blog Versos e Aloumiños, que dirixe Antonio García Teijeiro, publicou unha anotación de Alba Piñeiro sobre o libro: Somos os monstros, de Paula Carballeira, ilustrado por Ignacio Hernández Fernández. O libro gañou o X Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018, e está publicado por Xerais na colección Biblioteca Dramática Galega.

Unha obra que nos obriga a explorar cales son os nosos monstros interiores: «Somos os monstros», de Paula Carballeira. Crítica de Montse Pena Presas no Diario Cultural

Montse Pena Presas interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Somos os monstros, de Paula Carballeira, ilustrado por Ignacio Hernández. O libro gañou o X Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018, e está publicado por Xerais na colección: Biblioteca Dramática Galega. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Unha historia divertida que finca as súas raíces no medo ao descoñecido: «Somos os monstros», de Paula Carballeira. Anotación de María Navarro no Faro de Vigo

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de María Navarro sobre o libro: Somos os monstros, de Paula Carballeira, con ilustracións de Ignacio Hernández Fernández. O libro gañou o X Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018, e está publicado por Xerais na colección Biblioteca Dramática Galega. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«O valo», de Carlos Labraña, en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo á obra de teatro infantil O valo, de Carlos Labraña, gañadora do Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil. O programa pode verse nesta ligazón.

Presentación en Santiago de “O valo” de Carlos Labraña

O xoves, 19 de outubro, 20,00 h. no Salón Teatro de Santiago, terá lugar a presentación do libro O valo de Carlos Labraña, Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, 2016 convocado pola AGADIC. Acompañarán ao autor Nuria Díaz, Romina Bal, Camilo Franco e Manuel Bragado. Ás 20:30 h representación da obra de teatro . Ás 21:15 h coloquio sobre a situación dos refuxiados.

Unha homenaxe aos refuxiados: «O valo», de Carlos Labraña. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a obra de teatro infantil O valo, de Carlos Labraña, gañadora do Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil.

Carlos Labraña: «O preocupante é que os que mandan no mundo queiran erguer máis valos»

O programa Chamando á terra, da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar ao escritor Carlos Labraña, sobre a obra de teatro infantil O valo, gañadora do Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Moi recomendable para a escola: «O valo», de Carlos Labraña. Crítica en Brabádegos

O blog de literatura infantil Brabádegos publicou unha recensión crítica sobre o libro O valo, de Carlos Labraña, ilustrado por Nuria Díaz.   Derrubando valos, mirando as estrelas Comezamos o curso cheos de enerxías renovadas despois dun merecido descanso, con ganas de ler mil follas coa chegada do outono, de inzar de castañas os soutos todos.

Novidade: «O valo», de Carlos Labraña, IX Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil

O valo, de Carlos Labraña, ilustrado por Nuria Díaz, é unha novidade da Biblioteca Dramática galega, coeditada por Xerais e AGADIC. IX Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil, 2016 No medio dun deserto, que se estende até onde alcanza a nosa vista, o Soldadiño de chumbo, un neno soldado, chanta unha bandeira e coloca un valo de arame, xusto onde no seu mapa marca a fronteira.