Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: premio_merlín_2015

Presentación na Coruña de “Nena e o mar” de Érica Esmorís e “Europa Express” de Andrea Maceiras

O venres, 20 de novembro, ás 19,30 horas,  na librería Moito conto, rúa San Andrés, 35, A Coruña, terá lugar a presentación dos libros Nena e o mar de Érica Esmorís (Premio Merlín de Literatura Infantil, 2015) e Europa Express de Andrea Maceiras (Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2015). No acto participarán Érica Esmorís, Andrea Maceiras e Manuel Bragado.

Érica Esmoris: «Os libros que máis me gustan son os que contan unha historia que pode medrar comigo ao longo dos anos»

A xornalista Pilar Rego entrevistou no programa Zig-Zag á escritora Érica Esmorís, autora de Nena e o mar, obra gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2015, ilustrada por Dani Padrón.

Érica Esmorís, protagonista

El Correo Gallego dedícalle a sección Protagonistas elixidos á escritora Érica Esmorís, autora de Nena e o mar, obra gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2015.

Premios Xerais 2015. Entrevistas: Celia P. Porto, membro do xurado do Premio Merlín

Premios Xerais 2015. Entrevistas: Helena Pérez, secretaria do xurado do Premio Merlín

Reportaxe no ZigZag sobre os Premios Xerais 2015

O programa ZigZag da TVG publicou unha reportaxe sobre os Premios Xerais 2015.

Entrevistas coas gañadoras dos Premios Xerais 2015 no Diario Cultural da Radio Galega

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista cos gañadores dos Premios Xerais 2015:  Héctor Cajaraville coa novela De remate, Premio Xerais 2015; Andrea Maceiras con Europa Express, Premio Jules Verne 2015; e Érica Esmorís con Nena e o mar, Premio Merlín 2015.

Premios Xerais 2015. Fotogalería

Premios Xerais 2015, gravación do acto

Your browser does not support iframes.

Os Premios Xerais 2015 nos medios e blogs

ACTUALIZADO (10-06-2015). Tanto os medios de comunicación como os blogs e as redes sociais publicaron esta fin de semana numerosas crónicas sobre a cerimonia e fallo dos Premios Xerais 2015 celebrada o sábado 6 na Illa de San Simón. Recollemos os enlaces aos textos que fomos recompilando: #premiosxerais15 (etiqueta Twitter). Noticia no telexornal noite (TVG, 06-06-2015, 21.35) «Solpores de esperanza» (RamónRozas, 06-06-2015).

Érica Esmorís, Andrea Maceiras e Héctor Cajaraville premios Xerais 2015

Na illa de San Simón, no concello de Redondela, o sábado, 6 de xuño, ditamináronse a XXXIIª edición do Premio Xerais de Novela, a VIIª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, todos os tres premios dotados con 10.000 euros cada un deles.

Finalistas dos Premios Xerais 2015

Tras un xantar no Castelo de Soutomaior, os tres xurados dos Premios Xerais 2015 declararon as obras finalistas. O xurado da XXXII edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.000 euros e no que concorren trinta e catro obras, formado por: Ángel Ramiro Paz «Cano» (libreiro.