Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: premio_merlín_literatura_infantil_2009

«De como cheguei á marabilliña», anotación de Xosé Manuel Eyré

Transcribimos a anotación de Xosé Manuel Eyré publicada no seu blog sobre Mil cousas poden pasar. Libro I de Jacobo Fernández Serrano, premio Merlín de Literatura Infantil 2009. Unha pequena marabilla, ía falar diso. Defino así a lectura que estou facendo estes días. Defínoa así, moi traballosamente porque non é nada doado, nada. Primeiramente. Non quero renunciar a “pequena”.

«”Mil cousas poden pasar”: viaxes polos vieiros da imaxinación»

Baixo o título «Vieiros polos camiños da imaxinación», Héitor Mera publica no «Cartafol de Libros« de Vieiros unha crítica de Mil cousas poden pasar. Libro I, a obra de Jacobo Fernández Serrano gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2009. Reproducimos o texto na súa totalidade: Falabamos nunha recensión anterior de tres variables que se deberían de dar nun libro concibido para lectores infantes.

«Mil cousas poden pasar», presentación de Chus Pereiro

Teño o gusto de me atopar aquí na presentación dun libro que acho fermosísimo  na forma e no fondo. A obra parte do feitizo dos contos tradicionais e ten os trazos dun clásico, tanto así no formato (portada e ilustracións sinxelas e detalladas) como no texto (a disposición en tres partes, os títulos que anteceden os capítulos, o encadramento do relato nun tempo pasado e impreciso,  aparición de personaxes míticos).

«Mil cousas poden pasar»: contador de fantasías, crítica de Isabel Soto

Isabel Soto publica no espazo crítico de «lg3» unha fermosa crítica de Mil cousas poden pasar. Libro I, a obra de Jacobo Fernández Serrano gañadora do premio Merlín 2009. Baixo o título de «Contador de fantasía», Soto rastrexa na obra de Jacobo Fernández Serrano, descubrindo nela algúns dos antecedentes presentes na historia protagonizada por Lina e Pouco.

«Mil cousas poden pasar« ou «Dando que pensar», crítica de María Navarro

O flamante gañador do Premio Merlín 2009 amosa os seus dotes de escritor en Mil cousas poden pasar. Libro I, que presenta un mundo fantástico debaixo da auga e outro, non menos fantástico, na superficie.

Jacobo Fernández Serrano entrevista en «Xornal de Galicia»

Jacobo Fernández Serrano é entrevistado por Xornal de Galicia con motivo da chegada ás librarías de Mil cousas poden pasar. Libro I, obra pola que obtivo o Premio Merlín de literatura infantil 2009. Jacobo confesa que o núcleo do seu libro é «a separación forzosa que sofren os protagonistas, Lina e Pouco, porque el sofre unha especie de secuestro e iso dá lugar a unha serie de descalabros sociais na vila onde vive.

Xerais, próximas novidades infantís e xuvenís

Anunciamos o programa de novidades infantís e xuvenís preprado pola editorial até finais de 2009: XERAIS MERLÍN Mil cousas poden pasar. Libro I. Jacobo Fernández Serrano (texto e ilustracións). Premio Merlín de Literatura Infantil 2009. Novela. Acartonado. Merlín 9 en diante. Valados. Agustin Fernández Paz (texto) e Xan López Domínguez (ilustracións). Conto. Acartonado. O maquinista Antón.

Pechada a admisión de orixinais dos Premios Xerais 2009

Pechada a admisión de orixinais dos Premios Xerais 2009

Pechada a admisión de orixinais dos Premios Xerais 2009, o número de participantes en cada categoría foi: 26º  Premio Xerais de novela: 45 orixinais. 24º Premio Merlin de literatura infantil: 24 orixinais. 4º Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil: 19 orixinais.

Premios Xerais 2009

Premios Xerais 2009

Xa se poden descargar as bases dos Premios Xerais de Novela 2009 (25.000 euros),  Merlín de Literatura Infantil 2009 (10.000 euros) e  Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2009 (10.000 euros). Para participar en calquera dos tres concursos, cómpre presentar de cada orixinal seis copias en papel, mecanografadas a dobre espazo, antes do día 13 abril de 2009 nos locais sociais de Edicións Xerais de Galicia, S.A.