Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: premio_san_clemente_rosalía_abanca_2019

Aprazan ata outubro a entrega do premio San Clemente pola alerta sanitaria. Noticia no xornal «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha noticia na que da conta do aprazamento ata outubro do acto de entrega da XXV edición dos premios literarios San Clemente Rosalía-Abanca, por mor da alerta sanitaria aberta polo COVID-19. A primeira obra galardoada foi Besta do seu sangue, de Emma Pedreira, publicada por Xerais na colección: Narrativa.

«Besta do seu sangue», de Emma Pedreira, será un dos libros protagonistas da campaña de lectura para unha nova edición do Premio San Clemente. Noticia no xornal «El Correo Gallego»

O libro: Besta do seu sangue, de Emma Pedreira, será unha das obras protagonistas da nova campaña de lectura para a XXV edición do Premio San Clemente Rosalía-Abanca.

A escritora Emma Pedreira gaña o Premio San Clemente na categoría de lingua galega coa obra: «Besta do seu sangue». Noticia en varios medios de comunicación

A escritora Emma Pedreira gañou o XXV Premio “San Clemente – Rosalía – Abanca”, 2019, na modalidade de lingua galega, coa obra: Besta do seu sangue, publicada por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou tamén o Premio Xerais de Novela, 2018 – Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro de narrativa, 2018 – Premio Fervenzas Literaria á Mellor capa de adultos do 2018.