Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: PREMIO_XERAIS_DE_NOVELA_2018

Aprazan ata outubro a entrega do premio San Clemente pola alerta sanitaria. Noticia no xornal «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha noticia na que da conta do aprazamento ata outubro do acto de entrega da XXV edición dos premios literarios San Clemente Rosalía-Abanca, por mor da alerta sanitaria aberta polo COVID-19. A primeira obra galardoada foi Besta do seu sangue, de Emma Pedreira, publicada por Xerais na colección: Narrativa.

«Besta do seu sangue», de Emma Pedreira, será un dos libros protagonistas da campaña de lectura para unha nova edición do Premio San Clemente. Noticia no xornal «El Correo Gallego»

O libro: Besta do seu sangue, de Emma Pedreira, será unha das obras protagonistas da nova campaña de lectura para a XXV edición do Premio San Clemente Rosalía-Abanca.

A escritora Emma Pedreira gaña o Premio San Clemente na categoría de lingua galega coa obra: «Besta do seu sangue». Noticia en varios medios de comunicación

A escritora Emma Pedreira gañou o XXV Premio “San Clemente – Rosalía – Abanca”, 2019, na modalidade de lingua galega, coa obra: Besta do seu sangue, publicada por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou tamén o Premio Xerais de Novela, 2018 – Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro de narrativa, 2018 – Premio Fervenzas Literaria á Mellor capa de adultos do 2018.

Presentación en Compostela de “Besta do seu sangue” de Emma Pedreira

O venres 18 de xaneiro de 2018 ás 20:00 horas, na  librería Lila de Lilith, rúa Travesa, 7, Santiago, terá lugar a prensetación do libro Besta do seu sangue de Emma Pedreira, Premio Xerais de Novela 2018. No acto participarán Andrea Barreira, Emma Pedreira e Fran Alonso.

Presentación en Vigo de “Besta do seu sangue” de Emma Pedreira

O venres 4 de xaneiro de 2018 ás 20:00 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125, Vigo, terá lugar a presentación do libro Besta do seu sangue de Emma Pedreira, Premio Xerais de Novela 2018. A autora estará acompañada de Marga do Val e Fran Alonso.

Os Premios Xerais 2018, nos medios e na Rede

                O sábado 20 de outubro, no Museo do Mar de Galicia en Vigo, tivo lugar a festa de entrega dos Premios Xerais 2018. Á cita asistiron preto de duascentas persoas, entre as que se atopaban representantes das asociacións profesionais do sector do libro, escritoras, libreiras, bibliotecarias, profesoras e editoras.

Os Premios Xerais 2018, nos medios e na Rede

              Etiquetas Twitter: #PremiosXerais2018 / #premiosxerais TVG, noticia no Telexornal Noite (02-06-2016): Emma Pedreira, Carlos Negro e Héctor Cajaraville gañan os premios Xerais 2018 Faro de Vigo / La Opinión de A Coruña (03-06-2018): Emma Pedreira, Carlos Negro e Héctor Cajaraville gañan os Premios  Xerais 2018 El Correo Gallego (02-06-2018): Emma Pedreira, Carlos Negro y Héctor C

Emma Pedreira por «Besta do seu sangue», Carlos Negro por «Aplicación instantánea» e Héctor Cajaraville por «Kusuma», premios Xerais 2018

O sábado 2 de xuño anunciouse en Vigo o ditame da XXXV edición do Premio Xerais de Novela, a X edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXIII edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotados con cadanseu premio de 10.000 euros.   «Besta do seu sangue» de Emma Pedreira Premio Xerais de Novela 2018 O xurado da XXXV edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.

Finalistas dos Premios Xerais 2018

Os tres xurados dos Premios Xerais 2018 declararon as obras finalistas: O xurado da XXXV edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.

Convocados os Premios Xerais 2018

Edicións Xerais de Galicia convoca os Premios Xerais 2018 para orixinais en lingua galega, conforme a normativa vixente, nas modalidades de novela, literatura infantil e literatura xuvenil.