Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: premio_xerais_de_novela_2019

Unha novela simbólica, irónica e intelixente que deixa un bo sabor de boca no lector: «Shanghai a Barcelona», de Amador Castro. Crítica no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: Shanghai a Barcelona, de Amador Castro Moure, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2019.

Un relato sobre a memoria da mocidade feliz que definitivamente marchou de onda nós: «Shanghai a Barcelona», de Amador Castro. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Shanghai a Barcelona, de Amador Castro Moure, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2019. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Un Premio Xerais innovador en canto á súa estrutura: «Shanghai a Barcelona», de Amador Castro. Anotación no «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de Francisco Martínez Bouzas sobre o libro: Shanghai a Barcelona, de Amador Castro Moure, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2019. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Amador Castro: «Esta é a miña novela máis autobiográfica e a que menos me costou escribir, xa que a fixen de corrido»: «Shanghai a Barcelona». Entrevista no «ZigZag Fin de Semana»

O programa ZigZag Fin de Semana da TVG, que presenta a xornalista María Solar, emitiu unha entrevista co escritor Amador Castro Moure sobre o libro: Shanghai a Barcelona, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2019. A entrevista pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 07.40″.

Amador Castro: «A moralina do libro é que non hai paraíso no mundo actual . O paraíso está dentro de nós». Entrevista na Radio Galega sobre: «Shanghai a Barcelona»

O programa Un País Mundial, da Radio Galega, emitiu unha entrevista co escritor Amador Castro Moure sobre o libro: Shanghai a Barcelona, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2019 A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Unha volta ás orixes afastada de romanticismo: «Shanghai a Barcelona», de Amador Castro. Crítica en Lecturafilia

O blog Lecturafilia publicou unha recensión de Tensi Gesteira sobre o libro Shanghai a Barcelona, de Amador Castro Moure. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2019, e está publicado por Xerais na colección Narrativa.   Shanghai a Barcelona, de Amador Castro (Xerais)   O Premio Xerais de Novela deste ano descúbrenos unha voz, cando menos, potente, orixinal e cunha forma de escribir moi apegada á filosofía.

Unha novela peculiar, traballada, arriscada no seu prantexamento e resolta con gran habilidade: «Shanghai a Barcelona», de Amador Castro. Anotación de Manrique Fernández

O blog O meu andel publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre o libro Shanghai a Barcelona, de Amador Castro Moure, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2019. Amador Castro, «Shanghai a Barcelona» Cando unha novela vén avalada polo premio Xerais merece, cando menos, prestarlle unha mínima atención.

Un exercicio de estilo que logra integrar ben as voces narrativas: «Shanghai a Barcelona», de Amador Castro. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha anotación sobre o libro: Shanghai a Barcelona, de Amador Castro Moure, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2019.

Unha viaxe literaria en tren que ofrece un retrato inacabado dende un ronsel desacougante: «Shanghai a Barcelona», de Amador Castro. Anotación no suplemento «Fugas»

O suplemento Fugas, do xornal La Voz de Galicia, publicou un artigo sobre o libro: Shanghai a Barcelona, de Amador Castro. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2019, e está publicado por Xerais na colección Narrativa.

Unha novela de fronteira entre o campo que agoniza e a cidade que non colma: «Shanghai a Barcelona», de Amador Castro. Recomendación da xornalista Ana Abelenda

A xornalista Ana Abelenda dedica un booktrailer a falar sobre o libro: Shanghai a Barcelona, de Amador Castro Moure. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2019, e está publicado por Xerais na colección Narrativa. A recomendación pode verse nesta ligazón.

Unha visión singular da emigración galega a Barcelona plasmada no vello Shanghai que comunicaba Galicia con Cataluña: «Shanghai a Barcelona», de Amador Castro. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia e no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Shanghai a Barcelona, de Amador Castro Moure. O libro gañou o Premio Xerais de Novela 2019, está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «Shanghai a Barcelona», de Amador Castro Moure. Unha novela corrosiva e irónica, con diálogos brillantes e retranqueiros, que non esquecen o esbozo da migración galega a Cataluña

Shanghai a Barcelona, de Amador Castro Moure, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. O libro gañou o Premio Xerais de Novela 2019. Orlando viviu na súa propia pel o trauma de ser «segado» da aldea cando tiña catro anos para marchar á emigración a Barcelona, onde conforma a súa vida. Pero a idea de paraíso nunca desaparece. E, non obstante, a aldea, vencida e despoboada, pouco ten que ver co paraíso.