Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: premio_xerais_novela_2011

Escribir con material nobre: «Extramunde», de Xavier Queipo. Crítica de Vicente Araguas

Escribir con material nobre: «Extramunde», de Xavier Queipo. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou unha recensión crítica de Extramunde, de Xavier Queipo, nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños.   O último libro de Xavier Queipo, Premio Xerais, é un percorrido global (fálase xa pouco de novelas totais, mudan os tempos, si, se cadra tamén as vontades) de San Andrés de Teixido a unha tribo de cortadores de cabezas.

Presentación de «Extramunde», de Xavier Queipo, en Bruxelas, mañá 8 de decembro

Presentación de «Extramunde», de Xavier Queipo, en Bruxelas, mañá 8 de decembro

A novela gañadora co Premio Xerais de Novela 2011, Extramunde, de Xavier Queipo, presentarase mañá 8 de decembro, ás 18,30 horas, na libraría Orfeu de Bruxelas. Orfeu é unha libraría portuguesa e galega situada na Willem de Zwijgerstraat, 43, na Rue du Taciturne (B-1000 Brussel/Bruxelles).

«Extramunde», a estraña viaxe dos espiritados: Crítica de Manuel Gago sobre a novela de Xavier Queipo

Manuel Gago publicou no seu blog, Capítulo Cero, unha recensión crítica sobre Extramunde, de Xavier Queipo, Premio Xerais de Novela 2011.   «Extramunde», a estraña viaxe dos espiritados Leo Extramunde, o último premio Xerais de novela, do biólogo e escritor Xavier Queipo, dunha tacada cruzando de noite o Atlántico.

A aventura da liberdade: Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Extramunde», de Xavier Queipo

Francisco Martínez Bouzas publica no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Extramunde, de Xavier Queipo, Premio Xerais 2011.

Unha novela de aventuras que interpreta o século XXI: «Extramunde», de Xavier Queipo. Crítica de Xosé Manuel Eyré

Unha novela de aventuras que interpreta o século XXI: «Extramunde», de Xavier Queipo. Crítica de Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Eyré publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre  Extramunde, de Xavier Queipo. O prezo da liberdade de ser X.M. Eyré debulla desta volta o libro ‘Extramunde’ de Xavier Queipo, editado por Xerais.

Xavier Queipo: «Extramunde é unha novela actual nas formas e nos contidos». Entrevista de Lourdes Varela

Xavier Queipo: «Extramunde é unha novela actual nas formas e nos contidos». Entrevista de Lourdes Varela

Lourdes Varela publica no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha entrevista con Xavier Queipo, Premio Xerais 2011, sobre Extramunde .

Primeira impresión de «Extramunde»: Anotación de Xosé Manuel Eyré

Primeira impresión de «Extramunde»: Anotación de Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Eyré publica no seu blog, Ferradura en Tránsito, unha anotación sobre a súa primeira impresión na lectura de Extramunde, de Xavier Queipo. Primeira impresión de «Extramunde» Comecei a ler, a nova novela de Xavier Queipo, onte. Non houbo maneira de que puidera deixala até rematar a primeira parte. E agardo ansioso por continuar.

A prosa engaiolante de «Extramunde», de Xavier Queipo, Premio Xerais 2011

Fervenzas Literarias publica unha recensión sobre Extramunde, de Xavier Queipo, no seu Andel de novidades. Extramunde narra, co alento prendido nas entrañas, unha viaxe alucinada que vai da freguesía de San Andrés deica a illa de Borneo, pasando por Senegal, Camerún, o Cabo de Boa Esperanza, Mozambique, a illa de Madagascar, a badía de Trincomalee, as illas de Anamán e o estreito de Malaca.

Conrad, Hergé e a novela «Extramunde», de Xavier Queipo, no artigo de opinión de Jaureguizar

Conrad, Hergé e a novela «Extramunde», de Xavier Queipo, no artigo de opinión de Jaureguizar

Jaureguizar centrou o seu artigo de opinión de El Progreso en Extramunde, de Xavier Queipo., en relación co Conrad, Hergé e Theordor Roosvelt. Extramunde foi Premio Xerais 2011. Traizoar para ser pirata XABIER QUEIPO vive no corazón da escuridade, no centro de África. A causa soamente o coñecen Conrad e máis el.

Vídeo da presentación de «Extramunde», de Xavier Queipo, Premio Xerais 2011

Reproducimos un vídeo da presentación de Extramunde, de Xavier Queipo, gravado por Xabier Viana, a quen lle agradecemos a súa xentileza.

Xavier Queipo: «’Extramunde’ é unha novela política»

A novela Extramunde , que foi presentada onte en Compostela e será presentada mañá en Vigo, no Museo do Mar, é foco desta entrevista con Xavier Queipo que se pode escoitar na web do Diario Cultural. Extramunde é unha novela política, declarou Xavier Queipo na entrevista de Ana Romaní e Anxo Quintela. A entrevista pode escoitarse aquí.

Carta do autor sobre o espectáculo artístico de Xavier Queipo hoxe en Compostela

O Galicia Hoxe informa do espectáculo artístico que se vai celebrar hoxe en Compostela (ás ás 20:15 horas, no Centro Galego de Arte Contemporánea) para presentar o Premio Xerais de Novela 2011, Extramunde, de Xavier Queipo, e reproduce unha carta que o autor fixo chegar, a través da editorial, aos seus lectores e lectoras.